O presidente de Repsol YPF, Antonio Brufau, reuníuse onte coa presidenta da República Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, na Casa de Goberno.
Durante o encontro, que se prolongou durante unha hora aproximadamente, Antonio Brufau expresou a Cristina Fernández de Kirchner o compromiso de Repsol con YPF e cos seus plans de desenvolvemento en Arxentina.
Antonio Brufau, acudiu á reunión acompañado por Enrique e Sebastián Eskenazi, vicepresidente e vicepresidente executivo de YPF respectivamente. Tamén estivo presente Julio de Vido, Ministro de Planificación Federal.

Antonio Brufau, Cristina Fernández de Kirchner, Enrique e Sebastián Eskenazi e Julio de Vido.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.