Repsol Sinopec confirma a comercialidade da acumulación de petróleo e gas na área de Guará - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Sala de prensa > Outras informacións

Repsol Sinopec confirma a comercialidade da acumulación de petróleo e gas na área de Guará

Nota de Prensa

29 de decembro de 2011 23:00 CET

Repsol Sinopec comunica que o consorcio exploratorio do Bloque BM-S-9, formado por Petrobras, operadora (45%), Repsol Sinopec (25%) e BG Group (30%), presentou hoxe á Axencia Nacional de Petróleo, Gas Natural e Biocombustíbeis (ANP) a Declaración de Comercialidade da acumulación de petróleo e gas na área de Guará, no presal da conca de Santos.

O novo campo, denominado Sapinhoá, é un xigante máis do descubrimento do presal e un dos maiores campos de Brasil, formado por cru de boa calidade (30º API). A Declaración de Comercialidade foi adiantada un ano, considerando que o prazo final do Plan de Avaliación aprobado pola ANP era o 31 de decembro de 2012. Cun volume recuperábel total estimado en 2,1 mil millóns de barrís de cru equivalente (boe), Sapinhoá é un campo xigante máis, descuberto en rochas do presal brasileiro, e un dos maiores do país. O éxito exploratorio obtido na área reafirma o elevado potencial do presal.

O consorcio tamén presentou á ANP o Informe Final do Plan de Avaliación da área. O informe do Plan de Desenvolvemento (PD) do campo será sometido á análise da ANP en febreiro de 2012. A Declaración de Comercialidade ten lugar despois da execución do Programa de Avaliación Exploratoria na área, realizado a partir do primeiro pozo perforado en 2008.

Nesta área foron perforados catro pozos, incluído un de Adquisición de Datos de Reservorios. Ademais, en tres deses pozos, foron concluídas catro probas de formación (TFRs) e unha Proba de Longa Duración (TLD) de cinco meses no pozo descubridor. O TLD confirmou a excelente produtividade do pozo descubridor, con mantemento do fluxo durante todo o período de proba. Revelou tamén informacións sobre as propiedades dos reservorios carbonáticos, imprescindíbeis para a optimización do plan de desenvolvemento.

Repsol Sinopec ratifica a importancia deste descubrimento. Os proxectos de augas profundas en Brasil consolídanse como unha das áreas clave para a compañía, cun histórico de éxito exploratorio.

Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.