A Fundación Repsol, comprometida con Haití - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Sala de prensa > Outras informacións

A Fundación Repsol, comprometida con Haití

  • Apertura dunha conta dotada inicialmente con 100.000 euros
  • En máis de 1.000 estacións de servizo da rede Repsol poderanse realizar achegas
  • Os donativos recadados incrementaranse nun 10% por cento 

Nota de Prensa

27 de xaneiro de 2009 12:00 CET

Rss Imprimir Descarga Versión en PDF (35 Kb)

A Fundación Repsol puxo en marcha unha campaña de axuda aos damnificados polo terremoto de Haití e abriu unha conta corrente, cunha dotación inicial de 100.000 euros, para que todo aquel que queira axudar dispoña dunha canle directa. 

Tamén poderanse realizar achegas a través da rede de estacións de servizo Repsol. En máis de 1.000 establecementos da rede, os cidadáns que o desexen poderán facer os seus donativos. No portal de Repsol habilitouse un "site" no que se informa de cales son as estacións inicialmente acollidas a esta iniciativa, que irase ampliando paulatinamente.

A Fundación Repsol comprométese a achegar un 10 por cento máis á contía que se recade. O total dos donativos destinarase a axuda humanitaria e á reconstrución do país a través de: Cruz Roja, Acción Contra el Hambre, Solidaridad Internacional e Aldeas Infantiles, que teñen proxectos específicos que aseguran que a axuda recibida será sostible e chegará a bo fin.

O número de conta é: 2100 5731 76 0200088103 (La Caixa)

Paralelamente, a Fundación Repsol, en colaboración coa ONG Mano a Mano, e coa loxística habilitada por Iberia, enviou 5.000 bolsas de plástico mortuorias, de acordo coa estimación das necesidades detectadas e a capacidade de transporte dispoñible.

Máis información:
Fundación Repsol
91-348.87.40
prensa@fundacion.repsol.org

Buscador de Prensa

Titulares no teu móbil
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.