
1. Enerxética global
Repsol desenvolve actividades de Exploración, Produción, Refinamento e Márketing nos 4 continentes baixo os máis estritos estándares internacionais do sector enerxético.
As operacións de Repsol no mundo.
2. Proxecto empresarial sólido
A compañía desenvolveu unha planificación clara dos seus obxectivos e proxectos máis importantes para os vindeiros anos, que demostran a focalización de esforzos en determinadas áreas que garantirán o seu crecemento a longo prazo.
A estratexia con Horizonte 2014.
3. Comprometida coa sociedade
Estar entre as dez enerxéticas privadas máis grandes do mundo, implica contar cunha cultura empresarial sustentada en valores e compromisos coa sociedade que vai máis aló dos obxectivos estritamente organizacionais.
Descubre a nosa filosofía de negocio.
4. Aposta pola innovación tecnolóxica
A innovación tecnolóxica é a aposta de Repsol para o desenvolvemento de novas alternativas enerxéticas de futuro, para cumprir co firme compromiso da subministración enerxética para as vindeiras xeracións.
Ventá de comunicación coa I+D+i.
5. Formación e desenvolvemento profesional
A nosa xente é un valor que a compañía coida, retén e desenvolve con políticas de igualdade de oportunidades, integración e conciliación laboral.
Unha xestión focalizada na capacitación e o desenvolvemento.
6. Satisfacción dos empregados
Repsol conta cun cadro de persoal de máis de 40 mil persoas que xestionamos con principios fundamentais de respecto ás persoas. A compañía desenvolve enquisas do clima para diagnosticar continuamente oportunidades de mellora.
Respecto da persoa e da súa diversidade.
7. Integración e desempeño
A compañía recoñécese entre as máis atractivas para traballar polo seu sistema de remuneración e as oportunidades de carreira e traxectoria profesionais que ofrece.
Sistema de valoración individual e de xestión por compromisos.
8. Beneficios sociais competitivos
A compañía conta con beneficios sociais moi competitivos no sector enerxético e ofrece oportunidades de formación e crecemento profesional.
Coñece os nosos sistemas de retribución.
9. Estabilidade laboral
Repsol leva máis de oito décadas de experiencia no mundo da enerxía desenvolvendo unha actividade con criterio de excelencia. Isto acádase mediante a formación e a retención do talento, así coma do desenvolvemento das capacidades dos seus empregados.
O diálogo cos nosos empregados.
10. Diversidade e igualdade de oportunidades
Repsol conta con máis de 346 persoas con capacidades diferentes en todas as súas áreas de actuación, que constitúen un valor na empresa, pola súa achega en coñecemento, e na cultura da organización.
Favorecemos a diversidade en todas as nosas actividades.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.