Fai click para ver o número de empregados en cada país onde estamos presentes.
Ao peche de 2010, Repsol contaba cun persoal consolidado de 43.298 persoas de máis de 70 nacionalidades. Desta cifra, un total de 36.323 empregados pertencían a sociedades xestionadas directamente por Repsol.
Os empregados da compañía distribúense en máis de 30 países e concéntranse en España (46%) e Arxentina (37%). Tamén salienta a presenza en países como Portugal (3%), Perú (7%), Ecuador (2%) e Trindade e Tobago (1%). O 51% dos traballadores concéntranse na área de Downstream; o 7%, en Upstream e GNL; o 36%, en YPF; e o 6%, en áreas corporativas.
O 1% do persoal corresponde a persoal directivo; o 6%, a xefes técnicos; o 47%, a técnicos; o 4%, a administrativos; e o 42%, a operarios. O emprego de carácter fixo supón o 91% do total e as mulleres representan un 27% do conxunto do persoal.

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.