A enerxía é esencial para o desenvolvemento futuro. E Repsol é enerxía. Hoxe, a través da exploración, produción, refino, transporte e distribución de produtos derivados dos hidrocarburos, Repsol contribúe ao benestar de millóns de persoas en todo o mundo.
Máis de 400 investigadores e científicos nos Centros de Tecnoloxía de España e Arxentina traballan para lograr solucións enerxéticas sostibles e innovadoras para enfrontar o desafío enerxético do futuro.
O compromiso de Repsol é inherente á súa actividade empresarial, polo tanto traslada accións a todas as súas operacións a nivel mundial en materia de responsabilidade social, seguridade e medio. Os seus esforzos son recoñecidos polos máis prestixiosos índices internacionais.
A excelencia é unha cultura empresarial baseada na mellora continua, que implica a asunción de prácticas sobresaíntes na xestión dunha organización.
A excelencia na xestión empresarial
A transparencia é un piar da nosa estratexia. A veracidade e o rigor informativo son as bases da política de comunicación. A transparencia alude á rendición de contas fronte a todos os grupos de interese e un requisito para merecer a confianza da sociedade.
A nosa compañía conta cun equipo humano diverso en xénero, en idade, nacionalidade e perfil profesional, cos que ten o firme compromiso de ofrecer un lugar atractivo para traballar, que garanta e promova a igualdade de oportunidades e de desenvolvemento profesional.
Atracción e retención de talento

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.