A nosa visión marca o noso horizonte, sempre orientado á sociedade.
Os valores éticos e profesionais da nosa compañía son irrenunciábeis, guían as nosas actuacións e consolídannos como unha empresa socialmente responsábel.
Con esta redacción de tan poucas palabras buscamos que cada unha delas englobe todo un concepto. En Repsol, queremos ser:
Unha empresa: única e unida.
Internacional, pois o noso ámbito expándese pola xeografía mundial.
Petroleira e gasista integrada: con vocación de integración na cadea de valor dos nosos negocios.
Queremos ser unha empresa admirada nos ámbitos nos que actuamos: recoñecida neles, polo alto valor engadido, a excelencia na xestión empresarial, a cultura de organización e a calidade da nosa xestión.
Orientada ao cliente que constitúe o centro de todas as nosas accións, o que ha de permitir crear valor para todos os grupos de interese.
Os nosos valores éticos e profesionais
As liñas de actuación dos nosos empregados e contratistas están fundamentadas en principios éticos e profesionais que nos permiten desenvolver a nosa actividade baixo criterios de honestidade e transparencia, fortalecendo un vínculo entre a nosa compañía, o seu ámbito e diferentes audiencias.
Valores éticos
Os valores éticos son os principios esenciais e perdurábeis dunha organización. Como tal conxunto de principios non necesitan unha xustificación externa, teñen unha importancia intrínseca para os que forman parte da empresa. Son aqueles valores irrenunciábeis e fundamentais da compañía e que deben guiar todas as nosas accións e todos os nosos comportamentos. Son a base sobre a que construímos a confianza mutua dentro da compañía e cara aos grupos de interese.
Os nosos catro valores éticos:
1. Integridade. Comportamento irreprochábel, aliñado coa rectitude e a honestidade.
2. Transparencia. Información axeitada e fiel do que se fai. Unha información veraz e contrastábel.
3. Responsabilidade. Asumir responsabilidades e actuar conforme a elas.
4. Seguridade. Alto nivel de seguridade en procesos, instalacións e servizos, prestando especial atención á protección dos empregados, contratistas, clientes e o ámbito local.
Valores profesionais
Así mesmo, definimos catro valores profesionais sobre os que sustentamos as nosas vantaxes competitivas. Estes valores profesionais permiten alcanzar a visión, cumprir os compromisos e levar a excelencia á xestión. Son as características que proporcionan unha vantaxe competitiva coas que obtemos beneficios estábeis no tempo mediante medios e formas non doadamente imitábeis por outros competidores:
1. Liderado. Dirección baseada na motivación, a delegación, a responsabilidade, a participación e o traballo en equipo que impulse a organización cara á nova visión.
2. Orientación a resultados. Unha xestión máis flexíbel, áxil e con procesos eficientes.
3. Innovación. Actitude de permanente mellora e innovación, asegurando o acceso á información, xestionando o coñecemento e promovendo o desenvolvemento tecnolóxico.
4. Orientación ao cliente. Anticipación das necesidades dos clientes con rapidez e axilidade

Última actualización: 5 de maio de 2011
Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.