A enerxía é básica para mellorar os niveis de benestar das nosas sociedades. Dende Repsol pensamos que é fundamental coñecer o contexto enerxético mundial, en especial, co petróleo e os combustibles fósiles, que seguirán sendo a principal fonte enerxética no curto, medio e longo prazo.
Neste apartado, amosamos unha información enerxética sustentada en datos oficiais das principais axencias de enerxía e organismos económicos mundiais. Esta información é básica para entender os diferentes aspectos que interveñen nas flutuacións dos prezos e a demanda de enerxía ligada aos ciclos económicos.
Os datos que se resumen na sección contemplan as últimas previsións económicas, a situación actual e as previsións para o mercado enerxético a 2030, a distribución xeográfica das reservas, a produción e o consumo de petróleo e gas natural no mundo, a evolución dos prezos de referencia para o petróleo e o gas natural, así como a evolución do mercado do petróleo, ofrecendo unha visión xeral, clara e obxectiva de aspectos que inflúen no mundo enerxético de hoxe.

Última actualización: 15 de abril de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.