
En Repsol transformamos enerxía para achegala ás persoas, e facémolo de forma global, adaptándonos aos ámbitos locais nos que operamos, aproveitando o talento alí onde xorde e, sobre todo, aceptando a diversidade de nacionalidades, linguas e culturas como un valor crucial.

En Repsol caracterizámonos polo desenvolvemento de tecnoloxía de vangarda. O noso principal obxectivo é a investigación ao máis alto nivel para a xeración de produtos que constrúan e aseguren un futuro sostíbel.

Galardoados con numerosos premios e recoñecementos, en Repsol traballamos para adiantarnos ao futuro e seguir sendo pioneiros no desenvolvemento de novos produtos e procedementos.

A xestión transparente e íntegra que rexe o noso traballo diario constitúe un aspecto central na xestión das nosas actividades.

En Repsol, a busca de fontes de enerxía alternativa para avanzar cara a un futuro sostíbel é unha prioridade. Innovamos e fomentamos a creatividade dos nosos investigadores, impulsámolos a desenvolver produtos eficientes e baixos en carbono.

Atendemos as necesidades enerxéticas actuais e futuras baixo os parámetros de respecto e desenvolvemento das comunidades nas que operamos, fomentando o diálogo e a boa veciñanza.

Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.