Pablo Gómez-Acebo, enxeñeiro industrial de Repsol e responsábel do proxecto, fala sobre o coche eléctrico:
Cando será unha realidade a electricidade aplicada como fonte de enerxía para automoción?
A eficiencia enerxética no transporte virá dada a curto e medio prazo pola mellora dos motores de combustión interna, o uso máis intensivo do AutoGas e os vehículos híbridos, mentres que a electrificación con baterías ou pilas de combustíbel representa un gran potencial a máis longo prazo.
Como traballa Repsol para que o coche eléctrico sexa unha realidade?
Un exemplo do traballo que está levando a cabo Repsol para que o coche eléctrico sexa unha realidade, é o acordo de colaboración co Ente Vasco da Enerxía no que se está avanzando no desenvolvemento conxunto dunha rede para a recarga de vehículos eléctricos no ámbito da Comunidade Autónoma de Euskadi.
Obxectivo:
Incorporar a electricidade coma unha alternativa de subministración de enerxía para a automoción.
Logros:
Desenvolvemento da primeira rede de Repsol para a recarga de coches eléctricos en España.
Persoal:
Nove persoas traballando en actividades relacionadas coa electrificación da automoción.
En que consiste exactamente o proxecto?
O acordo estabelece unha fase inicial para analizar a viabilidade técnica e económica do proxecto. Nesta primeira fase estanse analizando os distintos sistemas de recarga ou substitución de baterías para vehículos eléctricos. Tamén contempla a definición das especificacións técnicas dos puntos de recarga, dos modelos de operación, das localizacións máis apropiadas... e a elaboración dun plan de negocio para a creación dunha sociedade que finalmente, nunha segunda etapa, se encargaría da implantación e explotación da rede de puntos de recarga no ámbito de Euskadi.
Por que é tan importante o estudo e desenvolvemento do coche eléctrico?
Porque con estas achegas Repsol aspira a contribuír á garantía de subministración con combustíbeis que sexan eficientes en termos de custo e que contribúan á sostibilidade e ao logro dos obxectivos ambientais globais. O obxectivo de Repsol é o liderado na subministración de enerxía para o transporte tamén a longo prazo e así poder definir un posicionamento respecto ás novas tecnoloxías de hibridación e electrificación de vehículos.
ver o vídeo | ver máis proxectos

Última actualización: 15 de abril de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.