Buscamos a eficiencia enerxética - repsol.com - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Coñecer Repsol > Innovación e tecnoloxía > Inventamos o futuro > Buscamos a eficiencia enerxética
   

Buscamos a eficiencia enerxética

   

En Repsol pensamos que a enerxía máis limpa é a que non se consume. No Centro de Tecnoloxía Repsol traballamos en eficiencia enerxética mellorando continuamente os nosos procesos produtivos e xerando produtos que nos permitan utilizar a enerxía de forma intelixente nas nosas industrias, nos nosos vehículos e nos nosos fogares, reducindo o consumo de enerxía e as emisións á atmosfera.

En Repsol racionalizamos o uso da enerxía, para o cal puxemos en marcha un Sistema Corporativo de Xestión Enerxética.

Buscamos a eficiencia enerxética

É moi importante ter presente que o empeño de incrementar a eficiencia e reducir as emisións é unha responsabilidade compartida por todos, e debe ser obxecto de actuacións non só por parte das empresas, senón tamén dos cidadáns. Para conseguir unha mellora importante da eficiencia, en Repsol estamos implicados todos os empregados, en busca dunha mesma meta: a eficiencia enerxética.

Nas diversas etapas de produción de enerxía a partir de fontes coma o petróleo e o gas, prodúcese un consumo importante destas materias primas e, polo tanto, de enerxía. O refino do petróleo é unha das etapas de maior consumo; en Repsol reducimos cada ano de xeito continuo os niveis empregados aplicando a innovación e a través do noso Sistema Corporativo de Xestión Enerxética.

Ademais, no Centro de Tecnoloxía Repsol desenvolvemos un gran número de proxectos cuxa finalidade é o seguimento e optimización dos diferentes procesos, dende as unidades que contribúen á produción de gasolinas e gasóleos ata as encargadas da redución do contido en xofre e aromáticos dos combustíbeis, as plantas de produción de hidróxeno ou recuperación de xofre e as plantas petroquímicas e químicas asociadas.

Isto é posible grazas a un esforzo conxunto dos investigadores do Centro de Tecnoloxía Repsol e á colaboración con universidades e outros centros de investigación.

En Repsol utilizamos enerxía intelixente para construír un futuro enerxético equilibrado, facilitando aos nosos clientes reducir a súa factura enerxética e as súas emisións de CO2. Investigamos en biocombustíbeis, desenvolvemos fontes de enerxía alternativa para o transporte como a enerxía eléctrica ou o AutoGas, e mesmo levamos aos fogares solucións limpas e eficientes combinando distintas enerxías, como SolarGas.

Traballamos tamén en procesos de captura e eliminación de CO2 da atmosfera, xa sexa por fertilización carbónica de especies vexetais ou por almacenamento xeolóxico, xa que serán procesos claves para contribuír a unha subministración de enerxía de maneira segura, competitiva e sostíbel dende o punto de vista social e medioambiental.

 

Proxectos relacionados:

   

Proxecto CENIT Crisálida

O proxecto CENIT Crisálida desenvolve unha investigación de carácter estratéxico no campo da distribución secundaria de enerxía eléctrica, que permita a obtención dun novo concepto de rede de media tensión no horizonte 2015.
Proxecto CENIT PIIBE

Proxecto de Investigación para o Impulso do Biodiésel en España. Foi concibido para propiciar a incorporación de biodiésel no mercado nacional con actividades de innovación e desenvolvemento (I+D).
Coprocesamento de aceites vexetais
O Proxecto Singular Estratéxico de Coprocesamento de aceites vexetais é unha iniciativa que busca unha alternativa complementaria e orixinal para incorporar novos biocombustíbeis.
O autogás
A enerxía alternativa para automoción máis utilizada do mundo tamén forma parte da nosa campaña de proxectos de vangarda.
Microalgas
En Repsol traballamos para desenvolver enerxías de futuro, como a produción de biocombustíbeis de segunda xeración a partir de microalgas e doutros cultivos non aptos para a alimentación.

 

Volver

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 15 de abril de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94

Complexo Industrial Cartagena
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.