YPF é o principal investidor de Arxentina, un importante exportador e un dos máximos empregadores do país.

O resultado de explotación de YPF alcanzou os 1.021 millóns de euros en 2009, o que representa un descenso do 12% respecto aos 1.159 millóns do exercicio anterior.
Esta diminución responde fundamentalmente á crise internacional, que provocou unha redución da demanda no mercado arxentino e das exportacións, e un descenso dos ingresos procedentes daqueles produtos cuxo prezo está relacionado coa cotización internacional do cru, que inclúen tanto as exportacións coma certos produtos vendidos en Arxentina. Os prezos internacionais, que no último trimestre de 2008 rexistraron unha caída pronunciada, mantivéronse baixos no primeiro semestre de 2009, o que afectou tanto nos prezos de certos produtos no mercado arxentino como nos do exterior. Na segunda metade do exercicio produciuse unha gradual mellora.
O resultado de explotación de YPF durante o primeiro trimestre do 2010 ascendeu a 411 millóns de euros, un 27,2% máis que no mesmo período de 2009. O continuo incremento de prezos domésticos e internacionais e o mantemento de custos, explican este ascenso.
O aumento dos prezos de combustíbeis en dólares no mercado interior tivo un impacto positivo no resultado de 163 millóns de euros. Tamén os maiores volumes de vendas contribuíron positivamente ao resultado de explotación (23 millóns de euros), así como o aumento nos ingresos por exportacións e por aqueles produtos vendidos internamente pero referenciados á evolución das cotizacións internacionais (133 millóns de euros) e Petróleo Plus.
A produción de YPF foi de 549.716 bep/día, o que supón un descenso do 8,5% en relación co mesmo período do exercicio anterior, aínda que foi lixeiramente superior á do trimestre previo. Os investimentos de YPF no primeiro trimestre de 2010 ascenderon a 241 millóns de euros e destináronse fundamentalmente a exploración e produción.
MÁIS INFORMACIÓN

Última actualización: 30 de abril de 2010
Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.