No momento do peche de 2009, as reservas probadas de YPF, estimadas de acordo coa normativa da U.S. Securities & Exchange Commission (SEC), ascendían a 1.024 millóns de bep, dos cales 539 millóns o 53% correspondía a cru, condensado e gases licuados, e o 47% restante a gas natural.
A evolución das reservas da compañía en 2009 foi positiva, coa incorporación de 90 millóns de barrís equivalentes de petróleo. A actividade exploratoria de YPF en Arxentina focalizouse durante 2009 en áreas offshore e onshore.
A campaña de exploración do offshore superficial finalizou coa perforación de tres pozos na conca do golfo de San Jorge (bloque M-1) e doutros tantos na conca Austral (bloque E2). Todos eles foron abandonados por ser improdutivos ou non rendíbeis.
En augas profundas avanzouse na planificación dos dous proxectos que a compañía ten en carteira, como son: o proxecto Malvinas situado nos bloques CAA40 e CAA46 e o proxecto Colorado Marina, no bloque E1 no mar arxentino.
En onshore, YPF traballou durante 2009 en áreas tradicionais, de fronteira e internacionais cos seguintes resultados:
- Áreas tradicionais
- Gas non convencional: perforouse o primeiro pozo en Arxentina co obxectivo de shale
gas na concesión de Loma La Lata, Piloto Shale Gas x-2.
- Quintuco: desenvolveuse un novo concepto exploratorio en áreas tradicionais co obxectivo de encontrar petróleo na formación Quintuco, onde se perforaron dous pozos en 2009: o primeiro, La Caverna x-1, situado no bloque Bandurria, onde YPF participa cun 54,54%, que resultou produtivo; e o segundo, La Dolina x-1, situado na área de concesión de Loma La Lata (propiedade 100% de YPF), que resultou descubridor e que se encontra en avaliación. - Áreas de fronteira
YPF completou o programa de rexistro sísmico nos bloques exploratorios Tamberías (San Juan) e Río Barrancas (Neuquén); e o de procesamento sísmico nos bloques Gan Gan e CGSJ-VA (Chubut).
Das 8 sondaxes operadas por YPF en 2009, realizáronse 3 descubrimentos de petróleo, situados na conca Neuquina (La Caverna x-1, La Dolina x-1 e Piloto Shale Gas x-2).
O investimento total en exploración ascendeu aproximadamente a 101 millóns de euros. - Área internacional
YPF adxudicouse dous bloques exploratorios na conca de Punta del Este (bloques 3 e 5), en asociación coa filial uruguaia do grupo brasileiro Petrobras e a petroleira portuguesa Galp. No devandito consorcio, YPF controla o 40%, mentres que Petrobras posúe outro 40% e Galp, un 20%.
No bloque Georgetown Offshore Guayana, no que YPF Guayana participa cun 30%, completouse a adquisición de 1.850 km2 de sísmica 3D.
Como novo negocio, en 2009 destacou a sinatura do acordo coa sociedade Pampa Energía, a partir do cal este grupo asume o compromiso de investimento a cambio dunha porcentaxe da produción resultante, á súa conta e risco, no campo Rincón del Mangrullo.
Máis información
Volver
Última actualización:
30 de abril de 2010