A química e os investimentos - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

A química e os investimentos

La Química e inversiones

O resultado operativo no momento do peche do 2009 do negocio químico foi de 92 millóns de euros, o que supón un descenso do 42% en comparación coa marca obtida en 2008. Esta diminución explícase fundamentalmente polos efectos da crise económica, que influíu con forza na demanda local, rexional e global dos principais produtos petroquímicos e fertilizantes.

Durante o primeiro trimestre, tívose que interromper temporalmente a actividade das unidades de metanol, anhídrido maleico, alquilbenceno lineal (LAB), ciclohexano e solventes.

Dende a perspectiva comercial do negocio químico, mellorouse notabelmente o mix de vendas de aromáticos e metanol, incrementando as vendas en Arxentina nun 75% respecto ao ano 2008, como contrapartida á contracción do mercado exterior.

En 2009, adxudicouse o proxecto de Reformado Catalítico Continuo (CCR), que permitirá incrementar a produción de aromáticos nun 50% e facer fronte á crecente demanda interna de compoñentes octánicos, utilizados na elaboración de gasolinas de alta calidade e hidróxeno, necesario para os procesos de hidrotratamento de gasolinas e gasóleos na refinaría de La Plata. O investimento estimado para este proxecto é de aproximadamente 250 millóns de euros, a máis importante da petroquímica arxentina na última década.

Máis información

Volver

Última actualización: 30 de abril de 2010

Área de provedores

Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.

Estacións de Servizo
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.