Durante o ano 2009 e principios de 2010 concretáronse dous dos proxectos de Gas Natural Licuado máis importantes para a compañía, considerados no Plan Estratéxico 2008-2012 e no Horizonte ao 2014.
O fito principal do exercicio 2009, foi a entrada en produción da planta de regasificación Canaport LNG, participada por Repsol (75%) e Irving Oil (25%). Trátase da primeira planta de regasificación de GNL da costa leste de Canadá. Situada en Saint John (New Brunswick) e cunha capacidade inicial de subministración de 10 bcm/ano (1.000 millóns de pés cúbicos/día, ampliábel a 2.000 millóns), esta terminal é unha das máis grandes de Norteamérica e abastece os mercados da costa leste de Canadá e do nordés de Estados Unidos.
Adicionalmente, en Perú inaugurouse o pasado mes de xuño a planta de licuefacción de Perú LNG. Repsol participa neste primeiro proxecto de licuación de gas natural a través de Perú LNG en Latinoamérica, o que lle outorga unha vantaxe competitiva na comercialización de GNL aos diversos mercados da conca do Pacífico. Repsol participa cun 20% no citado consorcio, formado xunto coa estadounidense Hunt Oil (50%), a surcoreana SK Energy (20%) e a xaponesa Marubeni Corporation (10%).

Última actualización: 30 de abril de 2010
Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.