Distribución xeográfica - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Coñecer Repsol > Que facemos > Gas Natural

Distribución xeográfica

Distribución xeográfica

Na área de GNL, Repsol desenvolve unha política que reforza a súa posición competitiva neste negocio, clave para o seu crecemento a medio e longo prazo. Durante o 2009 a compañía realizou investimentos importantes en Gas Natural Licuado relativos a proxectos estratéxicos que se concretaron no primeiro semestre do 2010.

Repsol tamén está presente no proxecto integrado de GNL de Trinidade e Tobago, no que participa, xunto con BP, BG e outras compañías, na planta de licuación Atlantic LNG. A súa estratéxica posición xeográfica permite abastecer en condicións económicas vantaxosas os mercados da conca atlántica (Europa, Estados Unidos e Caribe). Esta planta ten en operación catro trens de licuación cunha capacidade conxunta de 15 millóns de toneladas ao ano.

En España, Repsol posúe unha participación do 25% en Bahía de Bizkaia Gas, S.L. (BBG). Esta sociedade ten como activo unha planta de regasificación con instalacións de descarga de 
metaneiros de ata 140.000 m3, dous tanques de almacenamento de GNL de 150.000 m3 e capacidade de vaporización de 800.000 Nm3/hora. BBG actúa como operador desta planta, que conta con capacidade para regasificar 7 bcma, forma parte do sistema gasista español e é remunerada pola Comisión Nacional da Enerxía (CNE) a través de peaxes e canons. A
planta está situada no porto de Bilbao. Na actualidade, estase avaliando a súa ampliación coa construción dun terceiro tanque, tamén de 150.000 m3, e da capacidade de regasificación noutros 400.000 Nm3/hora. 

En Brasil, Repsol asinou en decembro de 2009 a súa adhesión a unha alianza na que participan Petrobras (51,1%), BG (16,3%), Galp (16,3%) e Repsol (16,3%), e que desenvolverá estudos técnicos de enxeñaría -Front End Engineering Design (FEED)- previos á instalación dunha planta de licuación flotante (Floating LNG) nos campos BSM-9 e BSM-11. Estes estudos servirán para avaliar a viabilidade técnica e económica desta planta de licuación flotante.

Realizaranse tres en paralelo con tres consorcios distintos para reducir a incerteza técnica nun desenvolvemento pioneiro na industria do GNL e para crear competencia entre varios contratistas e obter así uns custos de desenvolvemento e de construción óptimos.
Enlace a páxina de Brasil

Proxecto integrado

Repsol asinou un acordo en 2007 para o desenvolvemento dun proxecto integrado de gas en Angola. De acordo coa planificación, Repsol e Gas Natural SDG, a través da empresa Gas Natural West África (GNWA), participaron nos traballos de exploración que na actualidade desenvolve Sonagas, o operador do consorcio, no que GNWA posúe unha participación do 20%, seguido de Sonagas (40%), Eni (20%), Galp (10%) e Exem (10%). 

Investimentos

A área de negocio de GNL investiu en 2009 un total de 125 millóns de euros, o que supón un descenso do 48% respecto aos 242 millóns de 2008. Esta cantidade destinouse principalmente á construción da terminal de regasificación Canaport LNG e ao proxecto de licuación de Perú LNG.

Este último foi financiado mediante achegas de capital dos socios ata novembro de 2008, momento no que se produciu o primeiro desembolso do financiamento externo.


Máis información:

Volver


 

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 21 de agosto de 2009

Área de provedores

Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.

Estacións de Servizo
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.