Os resultados 2009 poñen en valor o modelo de negocio de Gas Natural SDG.

Repsol, coa súa participación do 30% en Gas Natural SDG, contribúe en toda a cadea de valor do gas, dende o seu aprovisionamento ata a súa distribución e comercialización, ao que se sumou o negocio da electricidade tras a compra de Unión Fenosa, S.A. por parte de Gas Natural SDG.
En 2009 Gas Natural SDG achegou a Repsol un resultado de explotación de 748 millóns de euros, o que supón un aumento do 34,8% respecto ao ano anterior. O EBITDA do exercicio alcanzou os 1.232 millóns de euros, fronte aos 848 millóns de 2008, o que representa unha alza do 45,3% que responde en parte á incorporación de Unión Fenosa.
Malia o contexto de contracción da demanda enerxética e de significativos niveis de volatilidade dos prezos enerxéticos que caracterizaron este último exercicio, rexistrouse un incremento dos resultados provenientes das actividades reguladas e melloráronse os niveis de eficiencia na xestión da carteira global. Os resultados obtidos neste escenario poñen en valor o modelo de negocio de Gas Natural SDG, baseado nun axeitado equilibrio entre os negocios regulados e liberalizados nos mercados gasista e eléctrico.
Ademais, a apertura da primeira terminal de regasificación en Canadá, Canaport LNG, consolida a Stream, participada por Repsol YPF e Gas Natural SDG, como a cuarta maior transportista de GNL do mundo.
Máis información
O resultado de explotación de Gas Natural Fenosa no primeiro trimestre do ano en curso ascendeu a 256 millóns de euros, fronte aos 169 millóns de euros do mesmo período de 2009, o que supón un aumento do 51,5% debido, principalmente, á integración dos resultados de Unión Fenosa en Gas Natural SDG.
Os investimentos de Gas Natural Fenosa correspondentes á consolidación proporcional en Repsol durante este trimestre ascenderon a 118 millóns de euros, e dedicáronse fundamentalmente á actividade de distribución de gas e electricidade en España e Latinoamérica e á de xeración de electricidade en España e México.
Máis información:

Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.