
En España, as vendas da actividade regulada de gas, que agrupa a subministración de gas a tarifa ata o 30 de xuño de 2008 e os servizos de acceso de terceiros á rede, tanto de distribución de gas coma de transporte secundario, situáronse en 229.585 GWh, o que supón un descenso do 15%. Esta diminución débese ás regularizacións por cesamento de actividade no mercado residencial. Os servizos de distribución e transporte secundario para o acceso de terceiros á rede descenderon un 10,3% debido á menor actividade industrial e alcanzaron os 229.559 GWh.
Expansión rede de distribución
Gas Natural SDG continúa coa expansión da súa rede de distribución, que alcanzaba os 47.597 quilómetros o 31 de decembro de 2009. Sen contar o efecto dos desinvestimentos en Cantabria e Murcia, alcanzaríanse os 50.697 quilómetros e 33 novos municipios en 2009. O número de puntos de subministración alcanzou no momento do peche do exercicio os 5.698.000, unha vez descontados estes desinvestimentos.
A rede incrementouse en 101.000 puntos de subministración nos últimos doce meses, un 37,3% inferior ao mesmo período do ano anterior, fundamentalmente polo menor volume de construción de novas vivendas e polo xa mencionado efecto dos desinvestimentos en Cantabria e Murcia.
O 19 de decembro de 2009, Gas Natural SDG acordou a venda de 504.000 puntos de subministración e aproximadamente 400.000 clientes de gas na Comunidade Autónoma de Madrid. O acordo encóntrase suxeito á aprobación por parte das autoridades competentes e prevese o seu cumprimento no primeiro semestre de 2010.
Máis información
Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.