Activos de electricidade no mundo - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Activos de electricidade no mundo

Gas Natural SDG cuenta con activos de generación de electricidad en España, México, Puerto Rico, Costa Rica, Panamá, Republica Dominicana y Kenia.  

Activos de electricidad en el Mundo

A demanda eléctrica en España sufriu unha importante caída como consecuencia da crise económica, sobre todo a da actividade industrial. A demanda peninsular en 2009 (251.509 GWh) foi un 4,5% inferior á de 2008. A produción eléctrica peninsular de Gas Natural SDG situouse en 28.728 GWh, o que representa un incremento do 57,4% debido á incorporación de Unión Fenosa. Desa cifra, 26.694 GWh corresponderon á xeración en réxime ordinario (+30%). 

A xeración en réxime especial, que alcanzou a cifra de 2.034 GWh, aumentou un 124,8%. A produción hidráulica alcanzou os 1.849 GWh como consecuencia das características hidrolóxicas de 2009. A produción nuclear foi de 2.908 GWh. En canto á térmica, pola menor demanda e o crecemento do réxime especial, reduciuse a produción con carbón. A xeración de electricidade con ciclos combinados cifrouse en 21.192 GWh, o que supón un crecemento do 22,2% que se debe á incorporación de Unión Fenosa. 

A comercialización de electricidade inclúe a comercialización tanto en mercado liberalizado coma de último recurso, e a subministración previa a tarifa. As vendas ao mercado liberalizado alcanzaron unha cota do 16,6%. Respecto á comercialización de último recurso, en vigor dende o 1 de xullo de 2009, as vendas situáronse en 6.452 GWh, e en 9.857 GWh a subministración previa a tarifa. En México, Gas Natural SDG dispón de centrais de ciclo combinado cunha potencia conxunta de 3.803 MW, ademais dun gasoduto de 54 quilómetros de lonxitude. A enerxía xerada en 2009 foi de 20.921 GWh, o que supón un aumento que responde á incorporación das centrais de Unión Fenosa.  

Gas Natural SDG tamén conta con activos de xeración de electricidade en Puerto Rico, Costa Rica, Panamá, República Dominicana e Kenya, onde a enerxía xerada durante o ano se cifrou en 4.476 GWh. O pasado 9 de decembro de 2009 materializouse a venda de Empresa de Energía de Pacífico S.A. ESP. (EPSA), con actividade en Colombia. Todas as magnitudes económicas foron reclasificadas como actividades interrompidas e non se inclúen nesta información.

Máis información:

Volver

Área de provedores

Consulte as condicións xerais de compra e contratación de Repsol YPF en función do país.

Estacións de Servizo
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.