Cartaxena, a refinaría moderna - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Coñecer Repsol > Que facemos > Refinamento e márketing > Refinamento > Complexos industriais
   

Cartaxena, a refinaría moderna

   

A refinaría de Repsol en Cartaxena foi inaugurada en 1951 e constituíu un fito na historia da compañía ao converterse na refinaría máis moderna de España nese momento.

Cartaxena consolidou o sector industrial do refinamento en España.

Este proxecto tivo a súa orixe na sociedade REPESA (Refinaría de Petróleos de Escombreras) que consolidou o sector industrial do refinamento. Cunha extensión aproximada de 190 hectáreas, a refinaría de Cartaxena ten unha capacidade de produción de 5,5 millóns de toneladas ao ano de produtos derivados do petróleo.

As súas instalacións divídense en dúas grandes áreas: unha de produción de combustíbeis e outra de bases lubricantes, asfaltos, parafinas e aceites aromáticos. Ademais, conta cun parque de almacenamento cunha capacidade total de 3.300.000 metros cúbicos, repartidos en distintas áreas: a terminal de cru, a de produtos rematados e a de gasolinas. Tamén, alberga un parque de tanques de CORES, Corporación de Reservas Estratéxicas de Produtos Petrolíferos.


Ampliación da refinaría de Cartaxena 

A refinaría de Cartaxena volve marcar a actualidade do mundo enerxético español coa ampliación das súas instalacións, que constitúe o maior investimento realizado en España, que forma parte das iniciativas claves da estratexia de Repsol con Horizonte ao 2014.

O proxecto de ampliación da refinaría de Cartaxena inclúe, como unidades principais, un hydrocracker, un coker, unidades de destilación atmosférica e ao baleiro, e plantas de desulfuración e hidróxeno.

O investimento previsto estímase que ascenda os 3.262 millóns de euros e converterá este complexo nun dos máis modernos do mundo, duplicando a súa capacidade ata os 220.000 barrís/día.

Este proxecto permitirá maximizar a produción de combustíbeis  limpos para o transporte. Máis o 50% dos produtos do complexo serán destilados medios, o que contribuirá a reducir de forma clara o déficit dos produtos en España. Cando se conclúa o proxecto a refinaría de Cartaxena xerará preto de 700 postos de traballo.


Aposta ambiental 

O novo complexo industrial de Cartaxena xorde coa intención de ser un referente mundial do sector en sostibilidade. A continuación indicamos algúns datos que mostran a aposta ambiental de Repsol neste proxecto: 

  • As plantas de recuperación de xofre están deseñadas cunha recuperación de xofre do 99,5%, supera amplamente as maiores esixencias ambientais.
  • Redución de emisións: 64% menos en NOx, 68% menos en SO2 e 80% menos de partículas.
  • O impacto no balance mundial de CO2 será practicamente o mesmo, aínda duplicando a capacidade de destilación e aumentando a conversión da refinaría.         

Ligazóns relacionadas:

 

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 11 de xullo de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94

Complexo Industrial Cartagena
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.