A actividade en Refinamento - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

A actividade en Refinamento

   

Repsol segue co seu ambicioso plan de investimentos, que incrementará a capacidade de refino, aumentará o nivel de conversión e mellorará a seguridade, o respecto do ambiente e a eficiencia das súas instalacións.

Repsol ten unha posición de liderado en refinamento en España e Perú.

La actividad en Refino

O Grupo Repsol posúe e opera cinco refinarías en España (Cartaxena, A Coruña, Petronor, Puertollano e Tarragona), cunha capacidade de destilación total de 776.000 barrís de petróleo/día (incluída en Tarragona a participación en Asfaltos Españoles S.A.). Na refinaría de La Pampilla (Perú), na que Repsol é o operador e ten unha participación do 51,03%, a capacidade instalada sitúase en 102.000 barrís de petróleo/día. 

En 2010, a actividade e os resultados da división de Refino seguiron estando moi influenciados pola crise económica internacional. A Axencia Internacional da Enerxía, revisou á alza a demanda de produtos petrolíferos en 2010, tras dous anos (2008 e 2009) de continuas caídas. O incremento de demanda produciuse fundamentalmente en países emerxentes con China e India á cabeza. Nos mercados europeos, continuou a caída en 2010. 

O inicio da recuperación da demanda de produtos petrolíferos a nivel global, que leva asociado un incremento na demanda de cru, xunto coa diminución da capacidade de refinamento, provocou unha mellora dos diferenciais de crus e produtos lixeiros-pesados en 2010, que se traduciu nunha modesta recuperación das marxes de refinamento durante o exercicio.  

En España, a marxe de refinamento situouse en 2010 en 2,5 dólares por barril, superior á de 2009 (1,3 dólares por barril). En canto a Perú, a marxe de refinamento anual situouse en 4,2 dólares por barril, fronte aos 4,1 dólares por barril de 2009.

Neste contexto, as refinarías de Repsol xestionadas pola división de Downstream procesaron 34,4 millóns de toneladas de cru, o que representa un descenso do 2% respecto a 2009. A utilización media da capacidade de refinamento foi do 73,6% en España, fronte ao 74,5% do ano anterior.

En Perú, o grao de utilización foi inferior ao de 2009, pasando do 76,7% ao 71,2% en 2010. A medio e longo prazo, a reactivación da economía mundial, da que se deron signos positivos en 2010, e que se irá consolidando en 2011, segundo as previsións de diversos organismos internacionais, garante a rendibilidade dos proxectos emprendidos pola compañía.

Produción

Materia prima procesada20092010
  Cru35.13534.410
  Outras materias primas6.3507.321
Total 41.48541.731
   

Produción de refinamento20092010
  Destilados intermedios18.92218.668
  Gasolina7.0909.084
  Fue óleo6.2306.081
  GLP9561.166
  Asfaltos1.7681.478
  Lubricantes103275
  Outros (agás petroquímica)1.5522.250
Total36.62139.002

   

Capacidade instalada de Refinamento

Destilación primariaÍndice de conversiónLubricantes
Capacidade de RefinamentoMiles de barrís por día naturalPorcentaxeMiles de toneladas anuais
España
  Cartagena100-155
  A Coruña12066-
  Puertollano15066110
  Tarragona18644-
  Petronor22032-
Total Repsol (España)77643265
Perú
  La Pampilla10224-
Total Repsol87840265


Enlaces relacionados

Unión Europea

Esta empresa acolleuse ás subvencións do Goberno de España cofinanciadas con fondos FEDER, para o transporte de mercadorías en Canarias.

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 17 de marzo de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94

Complexo Industrial Cartagena
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.