Repsol comercializa os seus produtos químicos en máis de 90 países e lidera o mercado na Península Ibérica.

A produción concéntrase en tres complexos petroquímicos, situados en Sines (Portugal) e en Puertollano e Tarragona (España), nos que existe un alto nivel de integración entre a química básica e a química derivada, así como coas actividades de refino.
Repsol conta tamén con diferentes compañías subsidiarias e filiais, a través das cales dispón de plantas dedicadas á fabricación de derivados do estireno, especialidades químicas e caucho sintético, este último a través de Dynasol, alianza ao 50% co grupo mexicano KUO, con plantas en España e México.
O resultado de explotación da actividade química adscrita á división de Downstream o exercicio 2010 experimentou unha notábel mellora respecto ao ano anterior, volvendo a valores positivos.
A mellor situación, tanto no referente á demanda coma ás marxes e a implantación de fortes medidas de redución de custos, optimización e axustes da produción nas plantas, permitiron reverter a situación de perdas de 2008 e 2009, aínda que o negocio continúa nun ciclo baixo.
As vendas a terceiros ascenderon a 2,6 millóns de toneladas, fronte aos 2,3 millóns de toneladas de 2009, o que supón un incremento do 13,5%. Como mostra da integración eficiente coa actividade de refino, Repsol adquiriu en xuño a sociedade Neste Oil Portugal, propietaria da planta de etil ter-butil éter (ETBE) situada no complexo de Sines, cunha capacidade de produción de 50.000 toneladas anuais.
Caucho sintético en China
Dynasol, filial do Grupo Repsol, é unha compañía joint venture, resultado da unión dos negocios de caucho sintético de Repsol Química e do grupo mexicano KUO (anteriormente DESC), que fabrica e comercializa unha extensa gama de cauchos que responden ás necesidades dos clientes nunha ampla variedade de aplicacións.
En decembro de 2010, Dynasol asinou un acordo coa sociedade chinesa Shanxi Northern Xing'an Chemical Industry (Xing'an) polo que ambas as dúas compañías constituirán unha empresa conxunta para fabricar e comercializar caucho sintético en China. A construción desta nova planta aumentará a capacidade de produción de Dynasol nun 50%, converténdoo nun produtor global con plantas en Europa, América e Asia.
Magnitudes operativas (química)
| 2009 | 2010 | 2010/2009 %variación | |
|---|---|---|---|
| Capacidade (miles de toneladas) | |||
| Petroquímica básica | 2.679 | 2.808 | 4,8 |
| Petroquímica derivada | 2.933 | 2.933 | 0,0 |
| TOTAL | 5.612 | 5.741 | 2,3 |
| Vendas por produtos (miles de toneladas) | |||
| Petroquímica básica | 567 | 874 | 54,2 |
| Petroquímica derivada | 1.739 | 1.744 | 0,3 |
| TOTAL | 2.306 | 2.618 | 13,5 |
| Vendas por mercados (miles de toneladas) | |||
| Europa | 2.000 | 2.263 | 13,2 |
| Resto do mundo | 306 | 355 | 16,0 |
| TOTAL | 2.306 | 2.618 | 13,5 |
Capacidade de produción
| Miles de toneladas | Total |
|---|---|
| Produtos petroquímicos básicos | |
| Etileno | 1.362 |
| Propileno | 904 |
| Butadieno | 202 |
| Benceno | 290 |
| Etil ter-butil éter | 50 |
| Derivados petroquímicos | |
| Poliolefinas | 875 |
| Polipropileno | 520 |
| Produtos intermedios | |
| Óxido de propileno, poliois, glicois e estireno monómero | 1.189 |
| Acrilontrilo/Metil metacrilato | 166 |
| Caucho | 115 |
| Outros | 69 |
Ligazóns relacionadas:

Última actualización: 15 de maio de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.