Coa finalización do proxecto de Cartagena, a planta é unha instalación moderna que se sitúa entre as máis eficientes de Europa

O pasado exercicio caracterizouse pola posta en marcha das obras de mellora e ampliación que se desenvolveron tanto na refinaría de Cartagena como a de Petronor. Estes proxectos, aprobados en 2007 co Consello de Administración, foron clave dentro do Plan Estratéxico de Repsol.
Coa finalización destas obras, a compañía cumpre cos obxectivos que se pretendían conseguir, coma o incremento da capacidade de destilación e de conversión do sistema de refinamento. Isto axudará a maximizar a produción de destilados medios, nun contorno claramente deficitario, diminuíndo a produción de fuel óleos procesando crus máis pesados.
Tamén se conseguirá mellorar a eficiencia enerxética, así como a seguridade e o respecto polo medio ambiente. Con todos estes obxectivos, poderase colocar o esquema de refinamento de Repsol entre os mellores e máis eficientes.
Cartagena, o maior proxecto industrial español
O proxecto de Cartagena, tamén coñecido por C10, incrementou a capacidade de produción do complexo ata os 11 millóns de toneladas, ou o que é o mesmo, 220.000 barrís ao día. Con esta ampliación, a refinaría de Cartagena converteuse no maior proxecto industrial da historia de España.
A riqueza xerada durante a etapa de construción foi de 3.152 millóns de euros de investimento máis a participación de aproximadamente 20.000 persoas e a creación de emprego dunhas 3.000 persoas durante 3 anos. O período de explotación non será menos e creará 1.600 empregos directos e máis de 8.000 empregos inducidos.
Coa finalización deste proxecto, a refinaría de Cartagena é unha instalación moderna e sitúase entre as máis eficientes de Europa dende o punto de vista enerxético e ambiental.
Enlaces relacionados:

Última actualización: 12 de abril de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.