No 2010, Repsol, Petronor e BBK asinaron un acordo mediante o que BBK adquiriu un paquete accionarial dun 5% en CLH.

A maior parte desta cantidade destinouse aos proxectos de refino en curso, especialmente en España, e a melloras operativas das instalacións e da calidade dos carburantes, así como da seguridade e do medio ambiente.
A ampliación da refinaría de Cartaxena o incremento de conversión na refinaría de Petronor (URF) son dous dos proxectos que recibiron o maior investimento do exercicio. Os outros investimentos foron destinados principalmente á mellora e optimización dos activos existentes. Durante 2010 continuaron os traballos de ampliación do cracker de Tarragona, que permitiron alcanzar unha capacidade de 702.000 toneladas anuais de etileno. .
O 25 de marzo de 2010, Repsol, Petronor e BBK asinaron un acordo mediante o cal BBK adquiriu un paquete accionarial dun 5% en CLH que Repsol posuía de xeito indirecto a través de Petronor. O prezo de venda ascendeu a 145 millóns de euros. Repsol reduce así a súa participación en CLH ao 10%.
Enlaces relacionados:

Última actualización: 15 de maio de 2011
Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.