Gases Licuados do Petróleo (GLP) - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

   

Gases Licuados do Petróleo (GLP)

   

A compañía ten o liderado en GLP pola súa excelencia operativa en mercados claves. Consolídase como o primeiro operador de GLP en España e en América Latina e o cuarto a nivel mundial.

Repsol é unha das principais compañías de distribución minorista de GLP no mundo.

GLP

A compañía está presente en nove países de Europa e Latinoamérica. As vendas de GLP en 2010 ascenderon a 3.108 miles de toneladas, o que supón un incremento do 3,8% respecto a 2009. Pola súa banda, as vendas totais en España aumentaron un 0,9% en comparación co exercicio anterior. 

En España, Repsol distribúe GLP envasado, a granel e canalizado por redes de distribución colectiva, e conta con preto de 10 millóns de clientes de envasado aos que subministra a través dunha rede de 243 axencias distribuidoras.

Do total das vendas minoristas de GLP en España, as vendas de envasado representaron
o 61% en 2010.

As marxes comerciais do GLP en 2010 foron inferiores ás do ano anterior, fundamentalmente na canle de envasado en España, e debido á modificación do sistema regulado de determinación dos prezos polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en setembro de 2009. Na nova fórmula, o prezo que se aplica nun trimestre depende nun 25% dos prezos internacionais do trimestre inmediatamente anterior e nun 75% do prezo máximo que estivo vixente nese trimestre que conclúe.

En Portugal, Repsol distribúe GLP envasado e a granel ao cliente final e subministra outros operadores. En 2010, acadou unhas vendas de 162.000 toneladas, o que converte a compañía no terceiro operador, cunha cota de mercado do 21%. En Latinoamérica, Repsol é líder en distribución de GLP en Arxentina, Ecuador, Perú e Chile. No mercado polo miúdo de Arxentina comercializa GLP envasado e a granel nos mercados doméstico, comercial e industrial, cunhas vendas de 332.000 toneladas.

Volume de vendas de GLP

Miles de toneladas20092010
Vendas por países
España1.4891.503
Latinoamérica1.3161.428
  Arxentina303332
  Bolivia1010
  Chile200199
  Perú411497
  Ecuador372368
  Outros2022
Resto do mundo187177
Total2.9933.108
   

Miles de toneladas20092010
Volume de vendas de GLP
Envasado1.7701.761
A granel, canalizado e outros1.2221.347
Total2.9933.108

Ligazóns relacionadas:

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 15 de abril de 2011

Contacto

Paseo de la Castellana 278-280
28046, Madrid (España)
Teléfonos: (34) 91 348 81 00 / (34) 91 348 80 00
Fax: (34) 91 314 28 21 / (34) 91 348 94 94

Complexo Industrial Cartagena
  • Glosario

          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.