Análise de sensibilidade - repsol.com

Repsol

Logo Repsol

Ruta

Análise de sensibilidade

A compañía realiza un seguimento da exposición ao risco de mercado en termos de sensibilidades. Estas compleméntanse con outras medidas de risco naquelas ocasións nas que a natureza das posicións de risco así o require.

Para cada un dos riscos de mercado descritos a continuación inclúese unha análise de sensibilidade dos principais riscos inherentes aos instrumentos financeiros, móstrase como podería verse afectado o resultado e o patrimonio (nas epígrafes que constitúen os "axustes por cambios de valor") de acordo co requirido pola NIIF 7 Instrumentos financeiros: información para revelar. 

A análise de sensibilidade utiliza variacións dos factores de risco representativos do seu comportamento histórico. As estimacións realizadas son representativas tanto de variacións favorábeis como desfavorábeis. O impacto nos resultados e/ou no patrimonio estímase en función dos instrumentos financeiros posuídos polo Grupo no momento do peche de cada exercicio.

a) Risco de tipo de cambio: 

Os resultados e o patrimonio do Grupo están expostos ás variacións nos tipos de cambio das moedas nas que operamos. A divisa que xera a maior exposición é o dólar estadounidense.

Repsol YPF obtén financiamento parcialmente en dólares, xa sexa directamente ou mediante o uso de derivados de tipo de cambio (ver nota 21).

A sensibilidade do resultado neto e do patrimonio, como consecuencia do efecto nos instrumentos financeiros posuídos polo Grupo o 31 de decembro, das apreciacións ou depreciacións do tipo de cambio detállase a continuación:

Efecto da variación do tipo de cambio do euro fronte ao dólar:

Aprecición (+) 
/ depreciación (-) 
no tipo de cambio
2.0102.009
Efecto no resultado despois dos impostos 5% 
-5%
 5 
(6)
(23) 
25
Efecto no patrimonio neto 5% 
-5%
(30) 
33
 205 
(226)


Adicionalmente, unha apreciación do dólar fronte ao real brasileiro e ao peso arxentino do 5%, polos instrumentos posuídos o 31 de decembro de 2010, suporía en 2010 unha variación aproximada no resultado neto despois de impostos de -4 millóns de euros e 53 millóns de euros, respectivamente, mentres que en 2009 suporía un incremento de 2 millóns de euros e 35 millóns de euros, respectivamente. 

Por outra parte, a apreciación do euro fronte ao real brasileiro e ao peso arxentino do 5% suporía en 2010 un descenso en patrimonio de -0,9 millóns de euros e -1,5 millóns de euros, respectivamente, mentres que en 2009 suporía un incremento de 18 millóns de euros e 1 millón de euros, respectivamente. 

b) Risco de tipo de xuro: 

As variacións nos tipos de xuro pódenlle afectar ao ingreso ou gasto por xuros dos activos e pasivos financeiros referenciados a un tipo de xuro variábel; así mesmo, poden modificar o valor razoábel de activos e pasivos financeiros que teñen un tipo de xuro fixo. 

Repsol YPF contrata derivados de tipo de xuro para reducir o risco de variacións nas cargas financeiras ou no valor de mercado da súa débeda. Estes derivados son designados contabelmente, en xeral, como instrumentos de cobertura (ver nota 21).

O 31 de decembro de 2010 e 2009 a débeda financeira neta, incluídas accións preferentes (ver apartado Xestión do capital, ao final desta nota) a tipo fixo, ascendía a 9 917 e 7 745 millóns de euros, respectivamente. Estes importes supoñen o 90% e 53%, respectivamente, da débeda financeira neta total incluíndo accións preferentes. 

A sensibilidade do resultado neto e do patrimonio, como consecuencia do efecto nos instrumentos financeiros posuídos polo Grupo o 31 de decembro, da variación dos tipos de xuro, é a que se detalla no cadro a continuación: 

Incremento (+)/ 
descenso (-) 
no tipo de xuro 
(puntos básicos)
2.0102.009
Efecto no resultado despois de impostos+50 
-50
(5) 
5
(13) 
13
Efecto no patrimonio neto+50  
-50
 20 
(21)
 20 
(20)


c) Risco de prezo de commodities :

Como consecuencia do desenvolvemento das operacións e actividades comerciais, os resultados do Grupo están expostos á volatilidade dos prezos do petróleo, gas natural e os seus produtos derivados. 

Repsol YPF contrata derivados sobre estes riscos co fin de reducir a exposición ao risco de prezo. Estes derivados ofrecen unha cobertura económica dos resultados, aínda que non sempre son designados como cobertura para os efectos do seu recoñecemento contábel (ver nota 21). 

O 31 de decembro de 2010 e 2009, un aumento ou diminución do 10% nos prezos dos crus e produtos petrolíferos suporía as seguintes variacións no resultado neto, como consecuencia do seu efecto nos instrumentos financeiros posuídos polo Grupo na devandita data: 

Efecto no resultado despois de impostos+10% 
-10%
(85) 
85
(50) 
50

 

  • Avaliar páxina
  • Engadir a Favoritos
  • Imprimir
  • Liña separadora
  • Compartir en Facebook
  • Compartir en Twittter
  • Compartir noutras redes sociais
  • Delicious
  • Menéame
  • Buzz
  • Digg
  • MySpace
  • Wikio

Última actualización: 26 de marzo de 2011

Contactos

Oficina de Información ao Accionista 900 100 100
Paseo de la Castellana 278-280
28046 Madrid - España
infoaccionistas@repsol.com

Xunta Xeral de Accionistas 2012
          

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.