O piloto Repsol conseguiu esta fin de semana a súa sexta vitoria en Barcelona, proba non puntuábel para o Mundial de X-Trial. Toni Bou realizou unha exhibición ante o público do Palau Sant Jordi, acabando o certame cunha penalización de tan só seis puntos. O seu compañeiro de equipo, Takahisa Fujinami, non conseguiu clasificarse para a gran final e rematou cuarto.