Vitoria de Toni Bou na primeira proba do Campionato do Mundo de Trial Indoor - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > Trial > Noticias
Vitoria de Toni Bou na primeira proba do Campionato do Mundo de Trial Indoor

Copy Repsol

O piloto Repsol Toni Bou foi o vencedor do Trial Indoor de Sheffield, primeira cita dun campionato que gañou nas súas tres últimas edicións. O triunfo de Bou foi rotundo nos momentos definitivos da proba, que estreou o novo regulamento estipulado pola Federación Internacional de Motociclismo, e divide a competición en catro fases. A pesar dunha boa primeira volta, Takahisa Fujinami quedou eliminado na carreira en paralelo, e non puido participar na segunda metade da competición.

Para esta tempada, o Campionato do Mundo de Trial Indoor prevé que as diferentes probas conten con catro partes. En primeiro lugar, a QX1, unha volta de cualificación que se desenvolve en 5 zonas. A continuación os participantes deben afrontar a TX1, unhas carreiras en paralelo entre os oito pilotos, e unha zona de recuperación. A TX2 consta de tres zonas individuais e outra carreira en paralelo, con desempate se fose necesario en función do tempo investido na última zona individual. Finalmente a TX3, na que os participantes deben superar catro zonas, cuxas puntuacións se suman ás da TX2.

Con todos estes cambios, Toni Bou foi o mellor na QX1 (0 puntos), seguido de Jeroni Fajardo e do seu compañeiro no equipo Repsol Montesa - HRC, Takahisa Fujinami, con 2 e 3 puntos, respectivamente. O actual Campión do Mundo perdeu a súa carreira en paralelo da TX1 ante Dougie Lampkin, pero na zona de recuperación salvou o pase á TX2, fase que pechou con 0 puntos.

En cambio, o gran desafortunado polo novo regulamento foi Takahisa Fujinami, que tras o seu prometedor resultado na QX1, perdeu a carreira en paralelo con Albert Cabestany na TX1 e xa non puido acceder á seguinte fase. A segunda proba puntuable para o Campionato do Mundo de Trial Indoor disputarase o día 23 do presente mes de xaneiro, en Marsella (Francia).

Toni Bou
“Empecei o campionato gañando e isto é o máis importante, pero sufrimos moito porque o novo regulamento nos complica moito as cousas. Polo que vimos aquí en Sheffield non podo excluír en absoluto ser vítima dalgún desastre como o que nesta ocasión afectou a Fujinami, o meu compañeiro. Sempre manifestei que hai que ir carreira a carreira e con esta regulamentación esta formulación é aínda máis lóxica”.

Takahisa Fujinami
“Non estou de acordo co novo regulamento. Fixen unha cualificación fantástica, pero non me serviu de nada, e non fun o único que se atopou nesta situación que considero inxusta”.

11/01/2010

Outros enlaces relacionados:
.
Todo sobre o Mundial de Trial Indoor
.Así está a clasificación

Últimas noticias

> Toni Bou pecha cun novo título unha tempada de soño
> Toni Bou e Repsol, Campións de España de Trial 2009


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.