Toni Bou segue líder do Mundial de Trial tras finalizar terceiro en Italia - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > Trial > Noticias
Toni Bou segue líder do Mundial de Trial tras finalizar terceiro en Italia

Copy Repsol

O piloto Repsol, Toni Bou, segue á fronte da clasificación xeral do Campionato do Mundo de Trial tras ocupar a terceira posición na oitava cita do certame. Vencedor das seis probas anteriores e a falta de tres para a conclusión do campionato, o podio sumado na proba disputada este domingo na localidade italiana de Barzio, deixa ao piloto Repsol con 14 puntos de vantaxe sobre o seu rival máis próximo.

O seu compañeiro de equipo, Takahisa Fujinami, foi un serio aspirante ao triunfo nunha proba que dominaba ao termo da primeira volta e na que algúns erros nos compases finais lle pasaron factura. O xaponés terminou segundo por terceira vez consecutiva, resultado que lle permitiu remontar unha praza na xeral e situarse terceiro.

A próxima fin de semana, o Campionato do Mundo de Trial trasladarase á La Rabassa (Andorra), onde o sábado Laia Sanz iniciará o asalto ao que sería o seu noveno título Mundial, e ao día seguinte Toni Bou defenderá a súa condición de líder na novena e antepenúltima proba do certame.

Toni Bou
“Fixen uns erros incribles na primeira volta e na segunda traballei duro para reconducir a situación, que non era precisamente boa. Non só rompín a serie de vitorias senón que este foi o meu peor resultado da presente tempada. Aínda así, a estas alturas do campionato e tal como están as cousas, considero que terminar terceiro non foi un mal traballo.”

Takahisa Fujinami
“Non sei que ocorreu, pero a realidade é que nas últimas zonas fixen algúns erros que non debería cometer, e perdín o triunfo. Na proba anterior, en Xapón, escapóuseme pola mínima e hoxe víao de novo ao meu alcance. Terminar segundo está ben pero, evidentemente, esta vez tampouco estou satisfeito.”

22/06/2009

Últimas noticias

> Impecable fin de semana dos pilotos Repsol en Xapón
> Toni Bou logra o seu cuarto triunfo consecutivo e Takahisa Fujinami roza o podio


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.