O piloto Repsol Toni Bou finalizou segundo no Trial da República Checa -novena proba puntuábel para o Campionato do Mundo-, disputado hoxe na localidade checa de Kramolin. A falta de tres probas para a conclusión do certame, Bou segue á fronte da clasificación xeral, agora con 12 puntos de vantaxe sobre o seu rival máis inmediato, o seu compatriota Adam Raga. Takahisa Fujinami segue sen baixar do podio tras concluír esta proba terceiro, a mesma praza que mantén na xeral.
Toni Bou pechou como líder e con tres puntos de vantaxe a primeira volta ao percorrido, pero unha caída ao comezo do segundo xiro e posteriormente a ruptura dunha cinta delimitadora cargáronlle o cartón con 10 puntos suplementarios, puntos que finalmente lle custaron o triunfo. O seu compañeiro Fujinami foi de menos a máis, recuperando puntos na segunda volta e alzándose no último instante coa terceira posición.
A tamén piloto Repsol, Laia Sanz, foi décima entre os participantes da Copa do Mundo Júnior, en cuxa clasificación xeral é novena. Montesa impúxose de novo na clasificación de marcas e seguiu ampliando a súa vantaxe na xeneral deste apartado.
O Campionato do Mundo de Trial renovarase o día 31 de agosto na localidade sueca de Uddevalla, onde se disputará a décima e antepenúltima proba puntuábel.
Toni Bou
“Na segunda volta cometín un par de erros daqueles que Adam non perdoa. Primeiro caín ao querer evitar pór un pé no chan, e posteriormente rompín unha cinta. Así e ante un rival que sempre está á espreita, non se gaña; pode parecer un discurso repetido pero esta é a realidade. Quedan tres probas por disputar, 60 puntos en xogo e teño 12 de vantaxe. Os números son claros, tanto como que non podo permitirme este tipo de fallos”.
Takahisa Fujinami
“Repetín o resultado das últimas probas, pero conseguirme sen sentirme tan competitivo como nas anteriores. O podio estivo en xogo ata o último momento e o positivofoi conseguilo”.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.