Toni Bou finaliza segundo no trial de Morella - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > E máis > Noticias
Toni Bou finaliza segundo no trial de Morella

Copy Repsol

O piloto do equipo Repsol-Montesa HRC, Toni Bou, finalizou segundo na terceira proba puntuábel para o Campionato de España de Trial, disputada na localidade castellonenca de Morella. Bou obtivo a puntuación máis baixa do día no primeiro paso polas zonas, pero un fracaso ao tentar superar por segunda vez a novena custoulle cinco puntos que, engadidos a outros cinco por exceso de tempo, custáronlle a vitoria e o liderato.

A tamén piloto Repsol Laia Sanz protagonizou unha brillante actuación na categoría TR2 (antiga Senior B), finalizando terceira, con 24 puntos e a só dous da segunda posición. Sanz logrou ademais a penalización máis baixa da categoría (3 puntos) no segundo paso polas zonas. A cuarta cita do Campionato de España de Trial terá lugar o vindeiro domingo, día 20 de xullo, en Pobladura das Regueras (León).

Toni Bou
"Foi un trial de gran nivel polo tipo de dificultades, e vivimos un novo duelo contra un rival ante quen non se pode cometer o máis mínimo erro. A confrontación con Adam sempre é un reto, independentemente de se se trata dunha proba do Mundial ou, como neste caso, do Campionato de España. Sempre nos entregamos ao máximo e, obviamente, o meu obxectivo era a vitoria, pero fixen un fallo e despois foime imposíbel neutralizar os puntos perdidos".

Laia Sanz
"Estou moi satisfeita, especialmente coa miña segunda volta e por lograr a puntuación máis baixa do día na miña categoría. No primeiro xiro fun moi xusta de tempo e sei perfectamente onde. Precisamente por este motivo penalicei puntos que noutras circunstancias podería evitar".

14/07/2008

Últimas noticias

> Toni Bou finaliza segundo na República Checa e segue líder do Mundial
> Toni Bou afiánzase no liderado gañando en Italia


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.