Sexta vitoria da tempada de Toni Bou - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > Trial > Noticias
Sexta vitoria da tempada de Toni Bou

Copy Repsol

O piloto do equipo Repsol Montesa Honda impúxose na novena e antepenúltima proba puntuable, disputada en San Mariño, e incrementou a 30 puntos a súa vantaxe como líder da xeral. Con esta notable renda, a Toni Bou bastaralle finalizar quinto no Gran Premio de Italia para revalidar o máximo galardón.

Segundo ao termo do primeiro paso polas 15 zonas, Toni Bou deu un golpe de efecto nunha maxistral segunda volta, que pechou cun só punto de penalización, e valeulle a sexta vitoria na presente edición do Mundial, o número 30 do seu palmarés.

O seu compañeiro de equipo, Takahisa Fujinami, finalizou quinto e segue segundo na clasificación xeral. A tamén piloto Repsol Laia Sanz, finalizou décimo sexta na categoría Júnior, quedando pola mínima fóra da zona de puntos. No apartado de marcas, Montesa conquistou esta fin de semana o seu décimo terceiro título, o quinto consecutivo coa Cota 4RT de catro tempos.

Toni Bou
“Foi un trial bastante fácil, pero saír diante dos demais sempre complica as cousas. A pesar dalgúns pequenos erros, todo nos foi moi ben, e debo recoñecer que o día foi perfecto, co título de marcas para Montesa e para min unha vantaxe que xamais tivera a falta de dúas probas, coa cal a miña situación para revalidar o título é moi favorable. Pero aínda así, non é o momento de cantar vitoria nin dar nada por feito. No mellor dos casos será o vindeiro domingo; dous días despois teño previsto iniciar as vacacións e, sinceramente, encantaríame poder partir co título xa no meu poder”.

Takahisa Fujinami
“Despois dunha vitoria e unha segunda posición foi duro terminar quinto. Non me saíron ben as cousas e fallei. Non hai máis explicación, nin tampouco me afectou a lesión do pasado domingo no pé dereito. Foi un moi bo día para Montesa e Toni, pero non para min. Quedan dúas probas e esforzareime ao máximo para lograr o subcampionato, xa que considero que Toni é inalcanzable”.

19/07/2010

Últimas noticias

> Toni Bou gaña o Trial Outdoor de Francia e consolida o seu liderado no Mundial
> Triunfo contundente de Laia Sanz na estrea do Mundial de Trial Feminino


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.