Toni Bou concluíu en segunda praza o Trial Indoor de Marsella, segunda proba puntuable para o Campionato do Mundo da modalidade. O piloto Repsol protagonizou unha emocionante loita pola vitoria, que se decidiu no último momento. Bou e Cabestany, ao final vencedor, concluíron as catro zonas da semifinal empatados a 5 puntos, igualdade que ambos mantiveron ata que o vixente Campión do Mundo penalizou un punto no último obstáculo da final.
O seu compañeiro no equipo Repsol Montesa HRC, Takahisa Fujinami, acreditou a quinta mellor puntuación entre os oito pilotos que disputaron a cualificación, pero na zona de recuperación que daba acceso á semifinal, cometeu un erro que o deixou fóra da competición. Fujinami é agora sexto no Campionato, con 8 puntos, por 35 de Toni Bou, que está empatado con Albert Cabestany á fronte da clasificación xeral.
O Trial Indoor de Barcelona será a terceira cita do Campionato do Mundo. Disputarase o vindeiro domingo, día 31 de xaneiro, no Palau Sant Jordi.
Toni Bou
“Non me sentín demasiado cómodo nestas zonas, aínda así loitei até o último momento. Pero cometín un erro que foi definitivo, xa que non me quedaba ningunha oportunidade para emendalo. Non me sento satisfeito, porque compito para gañar e terminar segundo non me serve”.
Takahisa Fujinami
“Quedei por segunda vez na cualificación. Sigo convencido de que no Indoor de Sheffield prexudicoume o novo regulamento, pero aquí en Marsella asumo que fallei eu”.
25/01/2010
Outros enlaces relacionados:
. Todo sobre o Mundial de Trial Indoor
. Así está a clasificación
Últimas noticias
> Vitoria de Toni Bou na primeira proba do Campionato do Mundo de Trial Indoor
> Toni Bou pecha cun novo título unha tempada de soño
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.