Novo podio de Toni Bou en Andorra - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > Trial > Noticias
Novo podio de Toni Bou en Andorra

Copy Repsol

Toni Bou concluíu en terceira posición o Gran Premio de Andorra de Trial, antepenúltima proba puntuable para o Campionato do Mundo, disputada hoxe domingo na localidade andorrana de Sant Julià de Lòria. O piloto Repsol chegará á recta final do certame como líder da clasificación xeral e con 12 puntos de vantaxe sobre o seu rival máis inmediato.

O seu compañeiro de equipo, Takahisa Fujinami, finalizou cuarto, vendo interrompido o seu gran momento de tres segundas posicións consecutivas. Con este resultado, o xaponés reforzou a terceira praza que ocupa na xeral.

Laia Sanz, tamén do equipo Repsol Montesa - HRC, que onte se impuxo neste mesmo escenario na primeira cita dunha nova edición do Campionato do Mundo de Trial Feminino, concluíu hoxe décima entre os participantes na categoría júnior.
O Campionato do Mundo de Trial renovarase o día 6 de setembro en Tona (Barcelona) e concluirá unha semana máis tarde nos Alpes Franceses, na estación de esquí Isola 2000.

Toni Bou
“Doce puntos de vantaxe son unha boa renda a falta de dúas probas que serán transcendentais. Sei que subir ao podio en cada unha delas me bastaría para revalidar o título pero, obviamente, tratarei de gañalas. Considero que hoxe non o fixen mal e a loita con Adam [Raga] foi tan intensa como de costume, cunha diferenza final mínima; pero Jeroni [Fajardo] estivo incrible e gañounos.”

Takahisa Fujinami
“O meu resultado de hoxe non tivo nada a ver co das tres probas anteriores. Fixen moitos erros e salvei pola mínima diferenza a cuarta posición. De todos os xeitos, o resultado non é do todo malo para a clasificación xeral, xa que manteño o terceiro lugar.”

30/06/2009

Últimas noticias

> Toni Bou segue líder do Mundial de Trial tras finalizar terceiro en Italia
> Impecable fin de semana dos pilotos Repsol en Xapón


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.