Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > E máis > Noticias
Karlos Arguiñano podería participar no Dakar 2009

Copy Telecinco

O Dakar é unha proba especial. E un dos seus maiores atractivos é que está aberta á participación de todo aquel que queira e poida acudir. Así, ademais de deportistas profesionais, son moitos os “anónimos” que emprenden esa aventura. Este ano poida que entre todos eles se atope o recoñecido cociñeiro vasco Karlos Arguiñano, un apaixonado dos deportes de motor, que se está preparando para a famosa competición.

Arguiñano podería tomar parte na próxima edición do Dakar, que discorrerá por Sudamérica, como o terceiro tripulante do camión Mercedes de 720 CV pilotado por Pep Vila. En declaracións aos medios de comunicación o piloto recoñeceu que ambos están moi ilusionados co proxecto aínda que lles gustaría telo “levalo un pouco en segredo”. Vila explicou, ademais, que previamente realizarán “unha proba en Le Commes para ver se é posible, porque tivo problemas de costas e temos que comprobar se está en condicións de participar nunha aventura como esta”.

No caso de que Karlos Arguiñano participase finalmente na proba faríao como segundo copiloto de Vila. Entre as súas funcións estarían as de estar pendente das temperaturas, dos inchados, dos bloqueos, etc. Con todo, o único que podería impedir a súa presenza no Dakar serían problemas físicos.

O cociñeiro é un apaixonado dos deportes de motor, onde realizou grandes amizades. O piloto Repsol Nani Roma está entre eles e foi precisamente con el con quen comezou a sentir o gusto pola aventura, cando montou como copiloto no seu Mitsubishi Montero MPR 13. A relación entre eles é tal, que Arguiñano chegou a pórlle o seu nome a un dos seus tenreiros, mentres que o catalán leva sempre no seu mono unha insignia do paxaro cociñeiro co perexil na boca que é o emblema do afamado cociñeiro.

04/09/2008

Últimas noticias

> Arrincan as Dakar Series con protagonismo dos pilotos Repsol
> Primeiros resultados do Repsol Classic Team


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.