Fundación Repsol, da man da Fundación “Por una sonrrisa en África”, está a desenvolver tres accións solidarias en Senegal, que permitiron dotar da infraestrutura necesaria a centros educativos e de saúde das comunidades de Mbour, Mbackombel e Louly Benteigne, ao sur de Dakar, nunha das zonas máis pobres da sabana africana.
Tras a anulación do Rally Dakar 2008 e o seu traslado a Sudamérica, a rexión deixou de recibir importantes recursos e unha das súas maiores fontes de ingresos xerados grazas á realización da carreira. Aproveitando a infraestrutura da proba deportiva africana, Repsol e a súa Fundación realizaban unha completa acción solidaria sen intermediarios, transportando e entregando material médico a distintos hospitais.
Finalizada a presenza do Dakar en África, o compromiso da Fundación Repsol co continente africano perdurou e involucrouse nos distintos proxectos que a súa homóloga “Por una sonrrisa en África” desenvolve na zona. Así, realizouse a electrificación dun dispensario-maternidade e dotouse de material e equipamento para postos escolares, dentro dun proxecto educativo para unha das zonas máis depauperadas da sabana africana.
A Fundación “Por una sonrrisa en África” naceu no ano 2002, data na que Mario Llonch e a súa muller, tras coñecer a zona en primeira persoa, decidiron arrincar un proxecto de axuda á rexión próxima á cidade de Mbour, 90 quilómetros ao sur de Dakar, capital de Senegal. Pasaron a vivir 9 meses ao ano en Mbackombel, poboado duns 40 habitantes no medio da sabana senegalesa.
A primeira gran obra da Fundación “Por una sonrisa en África” foi facerse cargo dun dispensario, hoxe tamén centro de maternidade, en Louly Benteigné. Trátase dun centro médico no que os habitantes dos poboados dos arredores dispoñen de atención médica primaria sen ter que desprazarse até a cidade de Mbour, a uns 17 km. Alí cóidase da saúde dos nenos acabados de nacer, asístense partos, incúlcanse unhas normas básicas de hixiene para mellorar as súas condicións de vida, e practícase a medicina xeral. Fundación Repsol financiou a electrificación deste dispensario e centro de maternidade, e como resultado diso a partir de agora poderase pasar consulta polas tardes e noites, manter medicamentos en neveira, realizar partos nocturnos e manter en funcionamento as incubadoras do centro.
Posteriormente, “Por una sonrisa en África” promoveu unha escola de primaria en Mbackombel (actualmente conta xa con 360 alumnos), para substituír á antiga na que apenas estudaban 25 nenos. Estes acoden diariamente desde diferentes poboados próximos, camiñando até 5 ou 6 quilómetros dúas veces ao día, para recibir unha educación primaria en francés (lingua oficial do país), comer e aprender normas básicas de hixiene.
O terceiro paso foi construír unha residencia de estudantes na cidade de Mbour, onde 11 mozos e 16 mozas de entre 12 e 18 anos, tras estudar na escola de Mbackombel, accederon á escola secundaria. Debido aos escasos medios das súas familias, a pesar de superar con éxito a escola primaria, a miúdo os nenos non podían acceder a estudos superiores debido á distancia e o custo que supuña o seu traslado. Coa residencia dispoñen dun lugar no que durmir, onde contan con tres comidas ao día e unha aula de estudo, con ordenadores e biblioteca, na que todas as tardes realizan os seus deberes baixo a supervisión dun profesor.
Javier Inclán, Director da Fundación Repsol
“A Fundación “Por una sonrrisa en África” reúne todos os requisitos de axuda que nós queremos desenvolver no continente africano. A axuda ao desenvolvemento, en primeiro lugar, baséase na alimentación, para deste xeito asegurar a súa correcta nutrición. En segundo lugar, mellorando a saúde, a maternidade e o dispensario son imprescindibles nunha zona como é a sabana. E finalmente a educación, axudando a que unha Fundación como “Por una sonrrisa en África” dispoña dos medios para desenvolver o seu labor e incentivar aos rapaces a ir á escola. O que os mozos estuden dependerá do seu propio esforzo, e de nós depende axudarlles para que dispoñan dunhas infraestruturas para que leven a cabo os seus estudos; xa sexan os pupitres, os ordenadores ou as bolsas necesarias para que os rapaces sen recursos poidan saír adiante. Desde que empezamos a vir a África co Dakar, os pilotos Repsol ensináronnos a amar este continente e a ser solidarios con el. Cando a carreira se foi lonxe, ese espírito permaneceu presente e nós queremos ser impulsores de proxectos concretos que, no marco dos seus costumes, dean a oportunidade a África de desenvolverse.”
Mario Llonch, Presidente de “Por una sonrrisa en África”
“A Fundación “Por una sonrrisa en África” está a levar a cabo un proxecto integral de desenvolvemento nunha rexión rural de Senegal, na que é moi difícil reunir os medios de subsistencia necesarios para crecer. O tres puntais da Fundación baséanse na sanidade, a educación e o desenvolvemento. Por iso fixémonos cargo dun dispensario e un centro de maternidade, onde se practican entre vinte e trinta partos ao mes, ademais de atender á xente dos poboados próximos que viven moi afastados da cidade. Tamén construímos unha nova escola nun poboado totalmente afastado de Mbour, no que actualmente temos 360 nenos estudando, e un internado na cidade para que estes nenos poidan acceder posteriormente a estudos secundarios e mesmo á universidade. O terceiro proxecto é mellorar os seus sistemas de agricultura e gandaría, posto que até agora seguían costumes herdados das xeracións anteriores. Con iso pechamos un círculo, desde que os nenos nacen ata que terminan os seus estudos, mellorando as condicións de vida nesta rexión.”
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.