O Repsol Classic Team participará en dez probas en 2010 - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > Trial > Noticias
O Repsol Classic Team participará en dez probas en 2010

Copy Repsol

Tras dous anos participando nas máis importantes carreiras de clásicos do panorama nacional e internacional, o Repsol Classic Team inicia a súa terceira campaña en activo para levar novamente ás estradas dos nosos tempos unha parte da historia do automobilismo do noso país. Coches emblemáticos, como o Renault Alpine 1.600 SX e o Porsche 911 RSR, volverán lucir nas súas carrozarías a emblemática R branca sobre unha esfera azul, rodeada por un aro branco e outro vermello, nas competicións máis prestixiosas de Europa.

No marco do Salón Internacional do Vehículo Clásico de Madrid, Classic Auto, presentouse o calendario deportivo de 2010 do Repsol Classic Team, que tomará a saída en dez probas nacionais e internacionais. Superando a quincena de vehículos, todos nun excelente estado de conservación, a escuadra confirmouse como un dos principais equipos de clásicos do noso país e de Europa. Este ano participará en probas de gran nivel, como o Gran Premio de Mónaco de clásicos, as 24 horas de Le Mans, o Tour de España e o Rally Shalymar.

Vehículos Ferrari, Jaguar, Alfa Romeo, Lancia, Cadillac, BMW e Osca, entre outras marcas, volverán correr coas cores do Repsol Classic Team, equipo que rememora os triunfos da Escuadra Repsol, que tantos éxitos logrou nos anos setenta. O obxectivo é que polo menos catro vehículos participen en cada unha das probas, para abordar un ambicioso calendario que se iniciou a semana pasada no Rally de Montecarlo Histórico e que concluirá en novembro co Rally Shalymar.

Calendario previsto do Repsol Classic Team en 2010
28 de xaneiro - 3 de febreiro: Rally de Montecarlo Histórico
25 -27 de marzo: Rally Illa de Mallorca
19-24 de abril: Tour de Francia
1-2 de maio: Gran Premio de Mónaco Histórico
20-22 de maio: Rally de España Histórico
9-10-11 de xullo: 24 horas de Le Mans de Clásicos
4-5 de setembro: Subida a Caramulo (Portugal)
6-10 de outubro: Rally de Portugal Histórico
1-6 de novembro: Tour de España
26-27 de novembro: Rally Shalymar

08/02/2010

Últimas noticias

> Marc Coma: “Estou orgulloso de ter sabido manter a concentración neste Dakar tan complicado”
> Fundación Repsol, polo desenvolvemento en Senegal


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.