Bou imponse na primeira proba da tempada 2010 ao aire libre - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición > Trial > Noticias
Bou imponse na primeira proba da tempada 2010 ao aire libre

Copy Repsol

Toni Bou foi o vencedor da proba que iniciou no Parcmotor Castellolí unha nova edición do Campionato de España de Trial. O seu compañeiro de equipo, Takahisa Fujinami, foi quinto a pesar de realizar unha gran actuación, ao cometer un erro na primeira zona que lle condicionou o resto da proba. Boa carreira de Laia Sanz, que foi terceira na categoría de TR2.


Toni Bou logrou as dúas mellores puntuacións en cada paso polas 12 zonas, aínda que cunhas diferenzas mínimas que mantiveron a emoción até o último momento. O certame inauguraba unha nova regulamentación bautizada como “Openfree”, que destaca por un novo sistema de puntuación que, a diferenza do habitual nesta especialidade, prima o maior número de puntos sumados por cada piloto en función da dificultade das zonas superadas.

A cita, que congregou unha gran participación, destacou pola facilidade das zonas, facendo que custase moito recuperar calquera erro. Para Takahisa Fujinami este factor foi clave, posto que problemas coa súa moto nas dúas primeiras zonas o atrasaron na clasificación. A pesar diso, o piloto Repsol non se desconcentrou e a continuación efectuou un percorrido impecable, para finalizar na quinta posición. Laia Sanz iniciou a súa tempada ao guiador dunha Montesa Cota 4RT máis evolucionada, logrando a terceira praza na categoría TR2.

A segunda proba puntuable para o Campionato de España terá lugar o día 11 de abril en Eivissa.

Toni Bou
“O resultado foi o mellor do día, e tamén ver tanto público, por correr tan preto de casa. Naturalmente estou satisfeito con esta vitoria e moi contento por empezar ben a primeira carreira ao aire libre do ano. Non podo dicir o mesmo do regulamento nin dunhas zonas tan fáciles como as de hoxe. Nestas condicións, un simple erro na entrada dunha delas é irrecuperable”.

Takahisa Fujinami
“A partir da zona 4 todo foi perfecto e sentinme moi ben. A mágoa é que anteriormente tivera algúns problemas e xa saín da primeira zona con 49 puntos menos que os meus rivais directos. Sen estes contratempos podería ter finalizado segundo, que é moi diferente que terminar quinto”.

Laia Sanz
“A carreira foi realmente ben porque normalmente me custa moito facer un bo arranque de tempada, e hoxe conseguín empezar como acabamos a pasada, cun podio. Síntome satisfeita e animada, porque estreei unha moto moito mellor da que tiña, tamén contei cun novo mochileiro e todo foi fantástico. Tratábase de facer unha carreira intelixente e evitar riscos innecesarios”.

01/03/2010

Últimas noticias

> Toni Bou, a un paso de proclamarse novamente Campión de España de Trial Indoor
> Nova vitoria de Toni Bou, que acariña o Campionato de España de Trial


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.