Toni Bou foi segundo na cuarta cita do Campionato de España de Trial, disputada este domingo na localidade leonesa de Pobladura das Regueras. O piloto Repsol logrou a mellor puntuación do día ao sumar só tres puntos no segundo paso polas zonas. Este resultado mantén a Bou na segunda posición da clasificación xeral.
A súa compañeira de equipo Laia Sanz estivo a un paso de repetir podio na categoría TR2 (antiga Senior B) ao finalizar empatada a 35 puntos con Antonio Afonso, que pechou as prazas de honra, e a só dúas de Miguel A. Jiménez, o segundo clasificado neste apartado.
O Campionato de España de Trial renovarase o 7 de setembro en Baiona (Pontevedra) coa disputa da quinta e antepenúltima proba puntuábel.
Toni Bou
“Fisicamente non me sentín do todo ben, e supoño que iso tivo que ver con algúns erros, como os que cometín na zona 11, onde non debería fallar. Agora son cinco os puntos que me separan do líder, que hoxe se volveu a manifestar como o rival máis forte. Nas tres probas que temos por diante, o meu obxectivo será recuperar esa diferenta”.
Laia Sanz
“Atopeime a gusto nun terreo que non é precisamente o meu predilecto, con zonas longas e esixentes. Foi unha mágoa os tres puntos que sumei nas tres últimas zonas e que atribúo máis ao cansazo que a calquera outra cousa. Aínda así, síntome satisfeita polos meus resultados máis recentes. Terceira a semana pasada e esta vez, a un suspiro da segunda posición. Sen dúbida, é un bo estímulo ante a segunda proba do Campionato de Europa, o vindeiro domingo”.
21/07/2008
Últimas noticias
> Toni Bou finaliza segundo no trial de Morella
> Toni Bou finaliza segundo na República Checa e segue líder do Mundial
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.