Loeb, un piloto de lenda - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición >
Loeb, un piloto de lenda

Copy Citroën Sport

O francés converteuse xa no mellor piloto de rallys de todos os tempos. Fíxoo pulverizando marcas e demostrando unha clara superioridade sobre os seus opoñentes. Tras conseguir o ano pasado o seu quinto título mundial, algo que nunca ninguén lograra antes, a Sébastien Loeb só lle queda un reto por diante: vencer todas as probas dun ano e continuar así agrandando a súa lenda.

De momento, o de Citröen vai en bo camiño para conseguilo. Loeb impúxose con claridade na primeira cita do ano en Irlanda, e a pasada semana conseguiu vencer en Noruega nun terreo que, ademais, non lle era propicio a priori. Pero non hai nada imposible para o piloto francés que está a piques de lograr o medio centenar de vitorias. 

De continuar así, o francés podería imporse nas 12 citas do ano, logrando así unha marca histórica. Teno fácil, Loeb xa sabe o que é gañar en todas as carreiras que quedan por disputar nesta tempada, exceptuando o Rally de Polonia que se estrea no Mundial. 

Con todo, os rumores apuntan a unha posible retirada de Loeb tras a presente tempada. O piloto podería dar o salto a outra especialidade en 2010. Este ano está prevista a súa presenza nas 24 Horas de Le Mans como piloto probador en Peugeot, e tamén probou a Fórmula 1 aos mandos dun Red Bull, marcando ademais uns tempos moi bos. O francés demostrou que a súa calidade como piloto non se reduce só ao Mundial de Rallys. 

As marcas de Sébastien Loeb: 
[Entre paréntese, marca anterior] 

-Cinco títulos Mundiais (Makkinen e Kankkunen catro) 
-49 vitorias (Sainz 26) 
-Once vitorias nun ano (Auriol seis) 
-Sete vitorias consecutivas nun mesmo rally, en Alemaña (Gronholm sete en Finlandia pero non consecutivas) 
-Vitoria en 19 rallys diferentes (Sainz 13)

26/02/2009


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.