Simoncelli suma a súa segunda vitoria consecutiva - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Simoncelli suma a súa segunda vitoria consecutiva

CopyMotoGP

Marco Simoncelli logrou en Montmeló a súa segunda vitoria consecutiva e achégase a só tres puntos de Kallio na xeneral de pilotos. Álvaro Bautista, que lideraba a carreira durante o último xiro, cometeu un erro que o relegou á segunda posición, mentres que Héctor Barberá conseguiu a terceira praza. Debón non puido aguantar o ritmo e foi cuarto na meta de Montmeló, mentres que o piloto de Repsol KTM Julián Simón finalizou en novena posición.


Álvaro Bautista e Alex Debón saíron ben e mantivéronse á fronte do grupo durante o primeiro xiro, auque Bautista completouno cunha renda de seis décimas sobre Debón. Marco Simoncelli deu conta de Debón para colocarse a roda de Bautista, a igual que Héctor Barberá, que tamén pasou a Debón e para engancharse á roda de Simoncelli. O trío de cabeza composto por Bautista, Simoncelli e Barberá abriu un oco de tres segundos co grupo perseguidor liderado primeiro por Luthi e despois por Debón, pero a diferenza no ecuador da carreira era xa de máis de sete segundos.

Co transcurso das voltas Barberá non aguantou o ritmo e foise descolgando para rodar terceiro en solitario. No último xiro Bautista marchaba na cabeza cunha pequena marxe sobre Simoncelli, pero un erro nunha apurada de freada propiciou que o italiano some a súa segunda vitoria consecutiva. Deste xeito, Simoncelli colocouse segundo a tan só tres puntos do líder Kallio na clasificación xeral. O finlandés sufriu unha avaría mecánica a falta de catro xiros e tívose que retirar sen sumar ningún punto. O piloto de Repsol KTM Julián Simón, pola súa banda, finalizou noveno por diante do checo Lukas Pesek.

> Especial Montmeló ‘08

Participa no Desafío Repsol!

Volta virtual con Dani a Montmeló
Dani Pedrosa escribe no seu Blog sobre o GP de Cataluña
Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet

08/06/2008

Últimas noticias

> Dobrete das Derbi 125cc no GP de Catalunya
> Álvaro Bautista logra a pole en 250cc


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.