Posta de longo do Repsol Honda Team en Madrid - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Posta de longo do Repsol Honda Team en Madrid

Copy Repsol YPF

O Palacio de Deportes da Comunidade de Madrid acolleu esta tarde a presentación do Repsol Honda Team nun ambiente festivo. O piloto Dani Pedrosa, que apareceu en escena montado nunha moto de trial, centrou a atención dos espectadores ante a ausencia a última hora e por enfermidade do seu compañeiro de equipo, o italiano Andrea Dovizioso.

O momento culminante do espectáculo coincidiu coa presentación da Repsol Honda RC212V 2010. A moto descendeu dende o teito do Palacio de Deportes da Comunidade de Madrid, no medio dun despregamento de luz e música, para asombro do público asistente. Un ano máis, a motocicleta oficial de Honda HRC vestirá as cores de Repsol.

A presentación do Repsol Honda Team tivo lugar xusto antes do arranque da cuarta proba do Campionato do Mundo de Trial Indoor, no que compiten os pilotos Repsol Toni Bou e Takahisa Fujinami. Ambos, acompañados de Laia Sanz, nove veces campiona do mundo de trial, arrouparon a Dani Pedrosa durante a presentación do Repsol Honda Team e tiveron palabras de alento para o piloto de Castellar do Vallès (Barcelona), cando falta menos dun mes para que comece o Mundial de MotoGP.

Os afeccionados congregados no Palacio de Deportes escoitaron en primeira persoa as opinións dos seus ídolos e coñeceron as súas expectativas de cara á apaixonante tempada que se aveciña. Por primeira vez, 24 afortunados seguidores da páxina de Box_Repsol en Facebook puideron gozar gratis da presentación do Repsol Honda Team e exerceron de reporteiros por un día grazas a Repsol. Eles foron os elixidos para retransmitir en vivo dende Facebook e Twitter todo o que aconteceu no Palacio de Deportes da Comunidade de Madrid.

O portal repsol.com apostará esta tempada, máis que nunca, por ir ao encontro dos afeccionados ao motociclismo e do Repsol Honda Team. Para iso, intensificarase a presenza do equipo nas redes sociais. Ao pioneiro blog de Dani Pedrosa, sumarase o de Marc Márquez, un dos aspirantes este ano ao título de 125cc. Toda a actualidade dos pilotos e do mundo da competición de Repsol poderase seguir dende Box_Repsol, tanto en Facebook como en Twitter.

Pedrosa e Dovizioso volverán á actividade a próxima semana no circuíto de Losail (Qatar), onde terán lugar os últimos adestramentos da pretempada. Neste mesmo escenario dará comezo o 11 de abril unha nova tempada de MotoGP que se prevé máis rifada que nunca.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.