Pedrosa: “Foi un gran resultado nun día moi especial. Grazas á afección”. - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Pedrosa: “Foi un gran resultado nun día moi especial. Grazas á afección”.

CopyRepsol YPF

Dani Pedrosa que obtivo a súa primeira vitoria da tempada en MotoGP declarou que “é un día moi especial. Foi un gran resultado. Fixemos un gran traballo e o equipo tamén está moi feliz. Espero que a afección tamén o disfrutase. Non esperabamos estar agora líderes e imos ver se atopamos algo máis e melloramos para poder seguir estando arriba. Quero agradecer o apoio de toda a xente que veu ao circuíto e que viu a carreira por televisión.”

Esteve Rabat que concluíu na décimosegunda praza en 125cc declarou que “a verdade é que estou un pouco desgustado porque esta mañá no warm up parecía que ía ir un pouco mellor. Fixen unha boa saída na carreira e intentei estar no grupo dianteiro pero non se que pasou na goma traseira, que a partir da terceira volta comezou a patinar e vía que ía lento. Daba un pouco de gas e comezaba a patinar e fun atrasando. Íase moito de atrás e estiven a piques de caer todo o tempo”.

Julián Simón que concluíu na sétima posición en 250cc declarou que “saímos bastante ben e coloqueime entre os catro primeiros. Mantiven moi ben o ritmo, mantiña moi boas sensacións ao comezo de carreira. Na primeira curva Bautista e Simoncelli pasáronme. Simoncelli tocoume e abrinme un pouco e perdín un pouco de terreo. Cando quedaban 16 voltas volvín a ter o mesmo problema que levo arrastrando dende a primeira carreira, doíame o antebrazo dereito, pasei unha carreira horrorosa co brazo. Foi unha verdadeira pena porque as circunstancias permitían facer un podio.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.