O piloto finlandés obtivo a súa primeira vitoria da tempada tras aproveitarse da caída de Bautista e Simoncelli cando marchaban en primeira e segunda posición respectivamente. Ámbolos pilotos chocaron e en foron ao chan na saída dunha curva no último xiro da carreira do cuarto de litro. A segunda praza do caixón ocupouno Mattia Pasini que se afianza no máis alto da clasificación de pilotos. Takahashi foi terceiro.
Mika Kallio atopou a vitoria na última volta cando rodaba en terceira posición a varios segundos da cabeza de carreira. O de KTM beneficiouse do choque entre Bautista e Simocelli e situouse líder a poucos metros da liña de meta. Deste xeito, o finlandés ascende ata o segundo posto da clasificación de pilotos e sitúase a 4 puntos do líder da categoría, Mattia Pasini, que foi o outro gran favorecido da xornada.
O xaponés Takahashi conseguiu o seu primeiro podio do que vai de tempada e o seu compatriota Hiroshi Aoyama terminou no cuarto lugar. Héctor Barberá, que partía dende a segunda liña de grella, finalizou na quinta posición mentres que o piloto de Repsol KTM, Julián Simón, concluíu sétimo por detrás de Alex Debón. O suízo Thomas Luthi tivo que abandonar tras sufrir unha espectacular caída cando marchaba en quinta posición.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.