O Mundial fai a súa segunda parada da tempada en Xerez para disputar o Grande Premio de España, unha proba marcada por un ambiente incríbel fóra da pista e na que os afeccionados deste deporte teñen depositadas grandes esperanzas. E é que despois do apaixonante arranque do Campionato, o espectáculo está asegurado nun dos circuítos máis emblemáticos do calendario.
O trazado andaluz presenciará sen dúbida un interesantísimo duelo entre os mellores pilotos do mundo. Este non é un circuíto que se lle de ben ao líder da clasificación e vixente campión do Mundial, Casey Stoner, quen terá en fronte a tres rivais que, en cambio, si saben o que é gañar aquí: Dani Pedrosa, Valentino Rossi e Jorge Lorenzo.
Deles, o do equipo Repsol Honda parte como o principal inimigo do piloto australiano. Pedrosa está xa recuperado da lesión que sufriu na pretempada e a pesares dalgúns problemas técnicos e a adestrar menos que os demais, o español asombrou a todos coa súa saída e a súa carreira en Qatar. Ademais, coñece á perfección Xerez, un dos seus “circuítos preferidos”.
A proba española supón a volta á normalidade tralo exótico e atípico arranque da tempada en Qatar. Tres semanas tiveron os equipos para solucionar erros ou mellorar as súas máquinas. Xerez debe ser a confirmación daqueles que queren aspirar a estar entre os primeiros. Con todo, o andaluz non é un trazado fácil: é moi técnico e obriga a mostrar a destreza usando os freos, é difícil aproveitar toda a potencia da moto.
GP de Xerez. Horarios:
Sábado 29 de marzo
• 13:15. Calificatoria 125cc
• 13:55. Calificatoria MotoGP
• 15:10. Calificatoria 250CC
Domingo 30 marzo
• 11:00 Carrera 125cc
• 12:15 Carrera 250cc
• 14:00 Carrera MotoGP
26/03/2008
Últimas noticias
> Herdanza Repsol, herdanza de Campións
> Paixón e cor enchen o circuíto de Xerez
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.