Donington Park, un circuíto singular - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Donington Park, un circuíto singular

Copy Repsol YPF

Os pilotos de MotoGP mídense esta fin de semana no circuíto de Donington Park, un trazado peculiar e complexo que supón un duro traballo para todo o equipo e pon a proba a habilidade dos pilotos. A pista británica é unha das máis lentas do calendario e presenta un deseño cheo de contrastes. Dani Pedrosa destaca, ademais, a relevancia que ten neste Gran Premio a meteoroloxía, xa que con frecuencia cambia dun día para outro.

A pista de Donington Park foi construída en 1931 para acoller diversas carreiras. A Segunda Guerra Mundial relegouna ao abandono ata que en 1971 un empresario local apaixonado polos deportes de motor decidiu recuperala. Seis anos máis tarde, en 1977, o circuíto foi reaberto tras un importante investimento económico. O circuíto foi obxecto dunha ampla reforma das infraestruturas este ano. 

A inestable meteoroloxía e as particularidades do circuíto fan que este sexa todo un reto tanto para pilotos como mecánicos. O trazado inglés divídese en dúas partes, unha primeira que require un estilo máis suave de pilotaxe e unha segunda zona na que os pilotos deben ser máis agresivos. 

O piloto Repsol, Dani Pedrosa, explica que Donington é “un circuíto stop an go, que enlaza fortes freadas e aceleracións”. O español destaca que a súa parte favorita é “toda a zona de subida cara a Coppice”, que contrasta coa última parte “que é moi lenta e pechada”. 

Datos do circuíto:
Autódromo de Donington Park 
Lonxitude: 4.023 m. 
Ancho: 10 m. 
Curvas esquerda: 4 
Curvas dereita: 7 
Recta máis longa: 564 m. 

Circuíto do Donington Park

Otros enlaces relacionados:

• ¿Quieres llevarte a casa la Honda de Dani Pedrosa?
• Apoya a Dani en su blog
• Todas las citas del Mundial: calendario de 2009
• Así va el Mundial: clasificación 2009
• Todos los datos estadísticos, en el buscador más completo de la red


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.