Tras unha longa pausa invernal, os pilotos Repsol de Moto3, Álex Márquez, Miguel Oliveira e Maverick Viñales, tiveron a oportunidade de rodar por primeira vez este ano coas súas novas motos no circuíto valenciano de Ricardo Tormo. Malia as baixas temperaturas, os novos pilotos puideron saír a pista e acumular os seus primeiros quilómetros na primeira das tres xornadas de probas programadas no trazado valenciano.