Tres podios consecutivos nun gran arranque do Mundial - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Tres podios consecutivos nun gran arranque do Mundial

Copy Repsol

A carreira de Le Mans confirmou o sensacional inicio de tempada que está protagonizando Dani Pedrosa. Co terceiro posto logrado na cita francesa son xa tres os podios consecutivos que asina o piloto español, un fito case impensable cando no mes de abril chegaba ao arranque do Mundial en Qatar arrastrando unha lesión que lle impediu participar no último tramo da pretempada.

As tres últimas carreiras confirmaron a valía dun Dani Pedrosa que se está mostrando máis valente e agresivo que nunca. En Le Mans, o catalán tirou de casta para lograr un espectacular podio na última volta. Un día antes conseguía a “pole” por cinco milésimas, tamén no último suspiro.

En Xapón, o piloto Repsol protagonizou unha magnífica saída que lle valeu para acabar a carreira en terceira posición, mentres que en Xerez rodou no primeiro posto durante gran parte da carreira, para acabar segundo detrás de Valentino Rossi. Tan só na primeira cita do Mundial rodou lonxe dos primeiros e tamén naquela ocasión estivo a piques de lograr a remontada pero un choque con De Angelis, ademais do seu minguado estado físico apartáronlle da loita pola carreira.

Dani Pedrosa é consciente de que aínda queda moito por facer. Tralo seu gran arranque de tempada o español é sétimo na clasificación, aínda que a só nove puntos do líder, Jorge Lorenzo. Pero a regularidade é moi importante e o catalán sábeo: “Un Mundial gáñao aquel que ten a mellor media”. O de Repsol confía en seguir progresando nas próximas semanas, e subir ao máis alto do caixón.

20/05/2009

Otros enlaces de interés:

Dani Pedrosa escribe sobre el Mundial en su blog
¿Quieres ganar una Honda? Participa en el Desafío Repsol
Todas las citas del Mundial: calendario 2009
Así va el Mundial: clasificación 2009
Todos los datos estadísticos, en el Buscador más completo de la red

Últimas noticias

> Pedrosa “Foi unha última volta moi emocionante”
> Dani Pedrosa logra un espectacular podio en Le Mans


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.