Simone Corsi logrou a súa cuarta vitoria do ano tras imponeres na recta final do circuíto do Grande Premio da Comunidade Valenciana. O seu compañeiro de equipo, Nico Terol, foi segundo. O actual campión do mundo, Mike dei Meglio foi terceiro tras coarse na penúltima volta. O piloto de Repsol, Esteve Rabat, finalizou na décima posición.
A tempada pechouse na categoría de 125cc cun final moi apertado con cinco pilotos a loitar pola vitoria nunha última volta moi emocionante. Dende o comezi da carreira viuse que tanto Nico Terol, como Simone Corsi e Mike dei Meglio saíron co coitelo entre os dentes para lograr a vitoria. A pelexa entre Corsi e Terol durou durante toda a carreira con continuos adiantamentos, e unha pilotaxe moi agresiva por parte de ambos. Na penúltima volta, Mike dei Meglio coouse nunha curva e aproveitaron tanto Terol como Corsi para pasalo. Na última volta non se cambiaron as posicións e o italiano levou a vitoria.
As caídas foron unha constante durante toda a carreira, a máis importante foi a que sufriu Sergio Gadea, que non puido sortear a Stefan Bradl e ao final foron os dous ao chan. O piloto de Repsol, Esteve Rabat, tivo unha carreira tranquila e tras partir en duodécima posición, finalizou na décima, tras rodar en solitario durante grande parte da carreira.
26/10/2008
Últimas noticias
> Julián Simón partirá terceiro en Cheste
> Pedrosa: "Unha primeira liña importante"
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.