Simoncelli pecha o ano con vitoria - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Simoncelli pecha o ano con vitoria

Copy Repsol

O piloto italiano de Gilera, Marco Simoncelli, despediuse da tempada cunha nova vitoria por diante de Takahashi e Álvaro Bautista. Mika Kallio foi ao chan cando pelexaba pola vitoria na última volta. O piloto de Repsol, Julián Simón, non puido finalizar a carreira tras romper o motor cando marchaba cuarto.

A carreira comezou moi forte, con Julián Simón colocándose segundo na primeira curva. Mika Kallio liderou a carreira dende o inicio, aínda que o piloto de Repsol, Julián Simón, pasouno durante tres voltas consecutivas na mesma curva. Co paso das voltas, tanto Bautista como Simoncelli achegáronse á cabeza e comezaron a pasarse de forma moi agresiva. O italiano saíu vitorioso do duelo e foi a por Kallio e Simón. Pasounos con facilidade e colocouse no primeiro posto do que non se moveu até o momento da bandeira a cadros.

A carreira de Julián Simón foi moi boa, saíu dende o inicio a por todas, liderou a carreira durante algúns momentos, e tivo opcións de acabar en podio. Co paso das voltas foi perdendo potencia, ata que cando marchaba xa cuarto, o motor paróuselle e non puido finalizar a carreira. Desta maneira despídese da categoría cun grande rendemento nas últimas carreiras do campionato.

26/10/2008

Últimas noticias

> Simone Corsi vence en Cheste
> Julián Simón partirá terceiro en Cheste


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.